Francisco Otero Vidarte, nado en Vilanova de Lourenzá en 1913 e finado en Cidade de México o 23 de agosto de 1982, foi un xastre, militar e político galego.
Traxectoria Xastre. Membro da UGT e afiliado ás Juventudes Socialistas de Barcelona. Pola súa actividade sindical e política foi detido en Barcelona en 1932 (20 días por publicación clandestina), 6 de outubro de 1934 (45 días por «ayuda a la rebelión») e maio de 1935 (20 días por publicación clandestina); e en Palma en xullo de 1935 (10 días por participar nun mitin de propaganda). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ás Milicias o día 20 formando parte da Columna 19 de julio, División Carlos Marx, 44 División e Batallón de Zapadores do Corpo de Enxeñeiros. Participou nas batallas de Belchite, Serra de Alcubierre, Alto Aragón e Pireneos na fronte de Aragón. Posteriormente foi comisario na Comandancia Principal de Enxeñeiros do X Corpo de exército onde estaba cando caíu Cataluña. Exiliouse en Francia cruzando a fronteira o 10 de febreiro de 1939 por Puigcerdá. Estivo internado nos campos de concentración de Bourg Madame e Septfonds desde o que solicitou axuda á Embaixada de México en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Traballou como xastre en Cidade de México.
Vida persoal
Casou con Concepción Pou Ramón. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Lourenzá Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1982