Joaquín Fernández Millán, nado na Pobra do Caramiñal e finado en París en 1982, foi un mariñeiro e militar galego.

Traxectoria

Emigrou ao País Vasco na década de 1920. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 loitou como voluntario nas milicias comunistas de Donostia (MAOC) do Exército de Euskadi. Afiliado á UGT e ao PCE. Ferido por metralla en outubro de 1936,Ficha de Joaquin Fernandez Millan refuxiouse en Olot no verán de 1937. Durante a Retirada estivo recluído no campo de concentración de Argelès-sur-Mer e despois no de Gurs.Os Galegos do Campo de Gurs Traballou en semiescravitude para a organización Todt na base submarina de Bordeos (1943-1944). Tras a liberación de Bordeos marchou a Estrasburgo. Instalouse en París onde viviu até o seu falecemento.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A Pobra do Caramiñal homenaxea Joaquín Fernández Millán e todo o exilio republicano

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1982