Patognomónico ou patognómico é un termo de uso frecuente en medicina, que significa "característico dunha determinada doenza" ou "signo ou síntoma que só se atopa nun estado morboso determinado, e que é suficiente para definilo e facer a diagnose". Un signo clínico patognomónico indica a presenza dunha determinada enfermidade sen ningunha dúbida. Porén, a ausencia do signo patognomónico non descarta esa enfermidade. Un signo ou síntoma sinalado como "patognomónico" é un signo ou síntoma "diagnóstico".
A palabra procede dun adxectivo grego derivado de πάθος pathos 'doenza' e γνώμων gnomon 'indicador' (de γιγνώσκω gignosko 'eu sei, eu recoñezo').
Uso práctico Aínda que certos síntomas e signos clínicos poden ser os típicos, clásicos suxestivos dunha certa condición médica, estes poden non aparecer unicamente nesa condición e, por tanto, pode que non impliquen directamente unha determinada diagnose. Un signo ou síntoma patognomónico ten un valor preditivo moi positivo e unha alta especificidade, pero non necesariamente ten unha alta sensibilidade: por exemplo ás veces pode estar ausente nunha determinada doenza, xa que o termo só implica que, cando está presente, o doutor sabe instantaneamente a doenza do paciente. A presenza dun signo patognomónico permite unha diagnose inmediata, xa que non hai outras condicións na diagnose diferencial.
Os signos patognomónicos singulares son relativamente pouco comúns. Exemplos de signos patognomónicos son as manchas de Koplik dentro da boca no sarampelo, os xantomas palmares nas mans de persoas con hiperlipoproteinemia, os corpos de Negri no tecido cerebral infectado polo virus da rabia, ou unha tétrade de síntomas con erupcións cutáneas, artralxia, dor abdominal e doenza renal en nenos con púrpura de Henoch–Schönlein, ou a succinilacetona para a tirosinemia tipo I.
A diferenza dos síntomas (dos que informa subxectivamente o paciente e non se mediron) e dos signos (observados polo médico ao examinar ao paciente, sen necesidade de que se informase deles previamente), un gran número de resultados de tests médicos son patognomónicos. Un exemplo é a presenza de neutrófilos hipersegmentados, que só se dá en anemias megaloblásticas (non unha soa doenza senón un conxunto de estados de enfermidade moi relacionados). Máis a miúdo un resultado dun test é "patognomónico" só porque houbo un consenso para definir o estado de enfermidade en canto ao resultado do test (como na diabetes mellitus que se define polos niveis crónicos de glicosa sanguínea en xaxún).
En contraste, un test cunha sensibilidade moi alta raramente deixa pasar desapercibida unha condición, así que un resultado negativo debería ser tranquilizador (ausencia da doenza para a que se fixo o test). Un signo ou síntoma con moi alta sensibilidade adoita denominarse sine qua non. Un exemplo dun test dese tipo é un test xenético para buscar unha mutación subxacente en certos tipos de cancro de colon hereditario.
Exemplos Doenza Signo Infección por citomegalovirus aspecto de ollos de bufo dos corpos de inclusión Enfermidade de Lyme eritema crónico migratorio Miosite de corpo de inclusión material filamentoso visto en corpos de inclusión con microscopio electrónico Hipocalcemia signo de Trousseau e signo de Chvostek Tétano ou envelenamento con estrignina riso sardónico Sarampelo manchas de Koplik Enfermidade de Wilson anel de Kayser–Fleischer no ollo Difteria pseudomembranas nas tonsilas, farinxe e cavidade nasal Pancreatite crónica hemorráxica signo de Grey-Turner (equimose nos flancos do corpo) Cólera feces de auga de arroz Febre entérica manchas rosas no abdome Meninxite signo de Kernig e signo de Brudzinski Anxina de peito signo de Levine (a man agarra o peito) Ducto arterioso patente ruído como de máquina Enfermidade de Whipple miorritmia óculo-mastigatoria Leucemia mieloide aguda bastón de Auer Esclerose múltiple oftalmoplexia internuclear bilateral Pericardite atrito pericárdico Febre reumática corpos de Aschoff Rabia hidrofobia e corpos de Negri Gota tofosTumor de células granulosascorpos de Call-ExnerMalacoplaquiacorpos de Michaelis–GutmannNarcolepsia (con cataplexia)cataplexiaTumor do seo endodérmicocorpo de Schiller–DuvalEnfermidade de ParkinsonRixidez con tremorFlutter auricularondas de flutterAnemia falciformecrises vaso-oclusivasLesión por raiofigura de Lichtenberg na pel
Notas
Véxase tamén Outros artigos Síntoma Signo clínico
Ligazóns externas
Presentación de diapositivas con resumo audio de 122 signos patognomónicos
Categoría:Termos médicos Categoría:Signos clínicos Categoría:Síntomas