O Partido Agrario Español (PAE) foi un partido político español da Segunda República Española, creado en 1934. A súa ideoloxía era de dereitas e Integrou un gran número de representantes da vella clase política característica da monarquía de Afonso XIII que iniciara en 1876 Antonio Cánovas del Castillo coa Constitución española de 1876, en vigor desde ese ano até 1923 e de 1930 até 1931.

Ideoloxicamente da dereita posibilista, representaba os intereses da gran burguesía terratenente española e dos pequenos e medianos propietarios casteláns. Dende a súa fundación, participou en case tódolos gobernos do Segundo Bienio da Segunda República española.

Historia e características

Precedente: a Minoría Agraria A partir das eleccións lexislativas de xuño de 1931, conformouse nas Cortes un grupo denominado como Minoría Agraria, con José Martínez de Velasco como presidente e Ricardo Cortés como secretario. O grupo formábano 19 deputados, case todos de Castela a Vella e de León, que máis adiante, chegarían a seren 26.

A súa ideoloxía era reaccionaria, como apuntou Wenceslao Fernández Flórez, quen comentara que "a súa verdadeira ansia é dar marcha atrás”. Tamén destacaban pola súa heteroxeneidade, pois sumaban persoeiros de diversas adscricións ideolóxicas:

Antes de se constituíren como partido político, os Agrarios formaron unha minoría dentro doutras formacións de dereita dentro das cales os seus membros máis destacados xeralmente se presentaban como independentes. Estes membros foron: miniatura|Felipe Lazcano Morales de Setién, elixido deputado en 1933 pola provincia de Lugo. {| class="wikitable" ! !Eleccións de 1931 !Eleccións de 1933 !Eleccións de 1936 |- |Provincia de Albacete

Mateo Sánchez Rovira |- |Provincia de Asturias | Eduardo Barriobero Ángel Menéndez Suárez Ángel Sarmiento José Niembro

|Provincia de Ávila

Nicasio Velayos Velayos | Nicasio Velayos Velayos |- |Provincia de Burgos | Ramón de la Cuesta José Martínez de Velasco Tomás Alonso de Armiño Aurelio Gómez González Ricardo Gómez Rojí Francisco Estévanez Rodríguez | José Martínez de Velasco y Escolar Tomás Alonso de Armiño Ramón de la Cuesta Auruelio Gómez González

|Provincia de Cidade Real

Andrés Maroto y Rodríguez de Vera | Luis Mondéjar Fúnez |- |Provincia de Córdoba

Antonio Navajas Moreno

|Provincia da Coruña | José Reino Caamaño Luis Cornide Quiroga Leandro Pita Romero

|Provincia de Cuenca | Joaquín Fanjul Goñi | Joaquín Fanjul Goñi Modesto Gosálvez-Fuentes Manresa

|Provincia de Granada

Francisco González Carrascosa |- |Provincia de Guadalaxara

Álvaro de Figueroa y Torres

|Provincia de Huesca

José Moncasi Sangenis José Romero Radigales Antonio Royo Villanova

|Provincia de León

Antonio Pérez Crespo Manuel Sáenz de Miera | Antonio Pérez Crespo Manuel Sáenz de Miera y Millán |- |Provincia de Logroño

Tomás Ortiz de Solórzano Ortiz de la Puente

|Provincia de Lugo

Luis Rodríguez de Viguri Seoane Felipe de Lazcano Morales de Setién Manuel Saco Rivera | Luis Rodríguez de Viguri Seoane |- |Provincia de Murcia

Tomás Maestre Zapata

|Provincia de Ourense

Antonio Taboada Tundidor | Antonio Taboada Tundidor |- |Provincia de Palencia | Abilio Calderón Rojo Ricardo Cortés Villasana | Abilio Calderón Rojo

|Provincia das Palmas

Ruperto González Negrín

|Provincia de Salamanca | José Mª Gil Robles Cándido Casanueva Gorjón José María Lamamié de Clairac

|Provincia de Segovia | Rufino Cano de Rueda | Rufino Cano de Rueda | Rufino Cano de Rueda |- |Provincia de Soria

José Martínez de Azagra

|Provincia de Teruel

Leopoldo Igual Padilla

|Provincia de Toledo

Luis Felipe Sánchez-Cabezudo |- |Provincia de Valladolid | Antonio Royo Villanova Pedro Martín y Martín | Antonio Royo Villanova Pedro Martín y Martín Blas Cantalapiedra Gutiérrez

|Provincia de Xaén

José Cos Serrano José Blanco Rodríguez Carlos Álvarez Lara | José Blanco Rodríguez |- |Provincia de Zamora | José María Cid Ruiz-Zorrilla | Vicente Tomé Prieto José María Cid Ruiz-Zorrilla | Antonio Rodríguez Cid José María Cid Ruiz-Zorrilla |- |TOTAL |23 deputados |33 deputados (34 actas)|13 deputados|} Nas Cortes Constituíntes, algúns dos que máis tarde se converterían nos seus principais líderes xa fixeran presenza: Antonio Royo Villanova, famoso posteriormente, pola súa firme oposición ao Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932; José María Cid, tenaz opositor á Lei de Reforma Agraria; e José Martínez de Velasco, presidente, naquel momento, de dita minoría, que se converteu nun bastión combativo dos diversos grupos de dereitas non republicanas.

No debate sobre a totalidade do proxecto de Constitución de 1931, o voceiro foi o cóengo e deputado por Burgos, Ricardo Gómez Rojí. Durante a súa intervención, opúxose ao proxecto presentado pola Comisión Constitucional principalmente en tres cuestións, ás que dedicou case toda a súa intervención: o dereito á propiedade privada (un "dereito natural" ameazado porque o proxecto abría "a porta a un socialismo esaxerado"), a familia (opoñéndose ao divorcio porque o matrimonio é "sagrado" e, polo tanto, indisoluble), e a Igrexa Católica, opoñéndose á liberdade de culto e á separación de Igrexa e Estado, así como á disolución das ordes relixiosas. Neste sentido, considerou o proxecto da Comisión Constitucional "anticatólico" e "antimoral".

A Minoría Agraria, tamén protestou contra a aprobación do artigo 26 da Constitución e, xunto co outro grupo católico de dereitas, a Minoría Vasco-Navarra, retirouse das Cortes Constituíntes, iniciando conxuntamente unha campaña de mobilizacións e protestas dos católicos a favor da revisión da Constitución a partir dun manifesto publicado polas dúas minorías:

No período de goberno radical-cedista Segunda República, por unha banda, desempeñaron un papel significativo na oposición á reforma agraria do ministro Marcelino Domingo Sanjuán (Partido Radical-Socialista) e, como consecuencia, obtiveron escanos nas zonas rurais pois os seus apoios se baseaban, xunto cos grandes propietarios tradicionais, nos pequenos e medianos agricultores que defendían a propiedade privada, especialmente na rexión de León e na Castela a Vella. Por outra banda, acabaron participando nos seus gobernos ocupando a carteira de agricultura en varias ocasións. Gabriel Jackson o caracterizou como "socialmente conservador e aliado da CEDA", aínda que fixo un declaración de lealdade á República.

Creación en 1934 e evolución miniatura|José Martínez de Velasco, principal dirixente do Partido Agrario Español. Tralas eleccións de 1933, onde os agrarios pasaron de 26 a 33 deputados ou 36, segundo outras fontes, José Martínez de Velasco deu o paso e fundou o Partido Agrario Español'''. Fundado extraoficialmente o 11 de xaneiro de 1934 en Madrid, non se convertería nun partido plenamente legal ata o 1 de febreiro dese mesmo ano, despois de que os seus deputados fosen obrigados pola presidencia da Segunda República a declararse publicamente republicanos (o que provocou unha pequena división entre os seus membros, algúns dos cales eran destacados monárquicos, con algúns deles volvendo aos seus escanos ou uníndose a outros grupos políticos).

Nas eleccións de febreiro de 1936, o Partido Agrario Español presentouse como tal por primeira vez, aínda que foi na maioría das circunscricións en alianza coas dereitas. Só obtivo 12 escanos, que se reduciron a 11 despois de que as eleccións en Granada fosen anuladas e un membro do Partido Agrario se pasase a outro partido. Coa conflitividade en aumento entre febreiro e xuño dese ano, moitos dos representantes da dereita comezaron a abandona-los seus propios partidos e a apoiar a un grupo minúsculo pero con presenza nas rúas: Falange.

Tras o estalido da Guerra Civil, Martínez de Velasco foi arrestado e asasinado na prisión Modelo de Madrid en agosto de 1936. O partido disolveuse e os líderes superviventes apoiaron o bando franquista e posteriormente uníronse ao réxime de Franco.

Membros destacados Os agrarios formaron parte dos gobernos republicanos case de forma continua desde decembro de 1933 ata decembro de 1935. O seu fundador e primeiro presidente, José Martínez de Velasco Escolar, e outros membros destacados, como Nicasio Velayos Velayos, Antonio Royo Villanova e José María Cid Ruiz-Zorrilla, ocuparon cargos ministeriais durante o bienio Radical-CEDA (1933-1935). Cid foi Ministro de Comunicacións (decembro de 1933 a outubro de 1934) e Ministro de Obras Públicas (outubro de 1934 a marzo de 1935). Royo Villanova ocupou o Ministerio de agricultira e despois o Ministerio da Mariña, mentres que Velayos foi Ministro de Agricultura (maio a setembro de 1935). Martínez de Velasco finalmente substituíu a Velayos como Ministro de Agricultura (que se combinou co Ministerio de Industria e Comercio) e chegou a ocupar o cargo de Ministro de Estado ata decembro de 1935. Tamén foi Alcalde de Madrid.

Outras figuras destacadas da vida pública española durante eses anos, como Nicolás Franco Bahamonde, irmán maior de Francisco Franco, pertencían ao partido, converténdose Nicolás no seu secretario xeral, do mesmo xeito que Antonio Rodríguez Cid.

Presenza en Galicia En Galicia apenas tivo influencia fóra da Coruña e Pontevedra. Especialmente nesta cidade contaba coas figuras de Prudencio Landín Tobío, avogado agrarista de longa tradición que servira ao Directorio Antiforista de Teis e Isidro Buceta. Tamén chegou a constituír un Consello comarcal en Vigo, presidido por Alfredo Pérez Viondi.El Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 2. En 1935, o PAE comezou unha campaña de expansión en Galicia na que participou Tomás Abeigón Pazos, médico e político pontevedrés,El Pueblo Gallego, 30-4-1935. establecendo agrupacións locais nos concellos rurais; pero na súa maioría non pasaron de xuntanzas de notables. Grazas ás coalicións electorais o PAE conseguiu tres deputados en 1933 e dous en 1936 (Antonio Taboada Tundidor).

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Segunda República Española