Andrés López Gallo, coñecido como Andrés Castrín ou simplemente Castrín, nado en Riotorto o 26 de maio de 2003, é un futbolista galego que xoga na posición de central. O seu equipo actual é o Sevilla Fútbol Club da Primeira División.
Traxectoria Comezou a súa formación na Escola Deportiva Lourenzá e posteriormente nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo e do Racing Vilalbés. No ano 2021 foi asignado ao Polvorín Fútbol Club da Terceira División RFEF. A súa estrea tivo lugar o 25 de setembro de 2021 como titular nun empate 0-0 ante o Ourense Club de Fútbol. O 31 de outubro dese ano marcou o seu primeiro gol sénior nunha vitoria por 3-1 contra a Unión Deportiva Somozas.
O 2 de decembro de 2021 debutou co Lugo nunha vitoria da Copa Do Rei 2021/22 contra a Agrupación Deportiva Unión Adarve. Xogou tamén a seguinte rolda do torneo, na que o Lugo caeu eliminado por 1-2 ante o Mirandés.
O 10 de xullo de 2024 Castrín asinou un contrato de tres anos co Sevilla Fútbol Club e foi asignado inicialmente ao Sevilla Atlético da Primeira Federación. Debutou co primeiro equipo o 5 de decembro dese ano, xogando como titular nunha vitoria por 3-1 ante a Unió Esportiva Olot na Copa do Rei desa tempada.
Vida persoal Pablo Castrín, o irmán máis vello de Andrés, tamén é futbolista e xoga como defensa central. O pai deles, Juan López, foi xogador no Riotorto CF.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Andrés Castrín en LaLiga.com Andrés Castrín en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Riotorto Categoría:Futbolistas da provincia de Lugo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC