Corrente Vermella (en ) é un partido político español de ideoloxía trotskista fundado no 2002. Dende 2012 é a sección española da Liga Internacional de Traballadores - Cuarta Internacional.

Historia miniatura|Cartel da campaña electoral para as eleccións ao Parlament de Catalunya de 2021.

Fundación Foi fundado en 2002 coma unha corrente interna de Izquierda Unida (IU) dirixida por Ángeles Maestro. En 2004 abandona a coalición. O 26 de xuño de 2005 celébrase o XVII Congreso do Partido Comunista de España (PCE). Os militantes de Corrente Vermella que formaban parte do PCE quixeron que o PCE abandonase IU. Como non o conseguiron, abandonan o PCE. Ademais, Ángeles Maestro foi expulsada do PCE por pediren o voto para Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunistaomunista (EHAK) nas eleccións ó Parlamento Vasco de 2005.

Nas eleccións ó Parlamento Europeo de 2009, Corrente Vermella presentouse dentro da coalición Iniciativa Internacionalista - La Solidaritat entre els Pobles. O Tribunal Supremo de España anularía a coalición por considerala continuación das candidaturas ilegalizadas da esquerda abertzale. Finalmente, o Tribunal Constitucional de España permitiu que Iniciativa Internacionalista se presentara ás eleccións, e obtivo un 1,1% dos votos e ningún eurodeputado. Nas eleccións o Parlament de Catalunya de 2010 formou parte de Des de baix, unha coalición formada por Revolta Global, Corrente Vermella e Lucha Internacionalista, e encabezada por Esther Vivas. Acadaron un 0,2% dos votos e non lograron entrar no Parlament.

Adopción do trotskismo En de 2011, o Partido Revolucionario dos Traballadores - Izquierda Revolucionaria disolveuse en Corrente Vermella co obxectivo de integrala na Liga Internacional dos Traballadores - Cuarta Internacional (LIT-CI). Isto vai provocar que, en verán, un sector liderado por Ángeles Maestro abandone Corrente Vermella e cree Red Roja. Despois desta escisión, Corrente Vermella converteuse nun partido trotskista e en agosto de 2012 integrouse na LIT-CI.

Nas eleccións ó Parlamento Europeo de 2014, acadou un 0,03% dos votos e ningún eurodeputado. Nas eleccións o Parlament de Catalunya de 2015, Corrent Roig presentouse na coalición Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent (CUP-CC). Acadaron un 8% dos votos e 10 deputados, entre os cales non había ningún de Corrent Roig. Despois de meses de negociación, a CUP-CC investiu a Carles Puigdemont como president. Dado que Corrent Roig estaba en contra, abandonou a coalición. Nas eleccións ó Parlamento Europeo de 2019, obtiveron un 0,04% dos votos e ningún eurodeputado.

Eleccións ó Parlament de Catalunya de 2021 Nas eleccións ó Parlament de Catalunya de 2021 presentou unha candidatura que unicamente conseguiu os avais necesarios na circunscrición de Tarragona. Inicialmente a candidatura estaba pensada para ser unha coalición entre a Assemblea de Represaliades i Activistes (ARA) e Corrent Roig, mais finalmente formalizouse tan só como candidatura de Moviment Corrent Roig. Porén, a candidatura incluíu nome da ARA coma Roger Español, que foi incluído como número dous. Conseguiron 92 votos (un 0,01%) e ningún escano.

Escisión de xaneiro de 2026 En xaneiro de 2026, Corrente Vermella fai público que unha parte minoritaria da súa militancia abandonou a organización para adherirse á Corriente Revolucionaria de los Trabajadores (CRT).

Resultados electorais +Eleccións ó Parlamento Europeo en EspañaAnoCandidaturaVotos%Escanos2009Iniciativa Internacionalista178.1211,122014Movimiento Corriente Roja4.9800,032019Movimiento Corriente Roja8.4020,04 +Eleccións ó Parlament de CatalunyaAnyCandidaturaVots%Escons2010Des de Baix7.1890,232015CUP-CC337.7948,212021Moviment Corrent Roig920,01

Notas

Categoría:Partidos comunistas de España