Marcel Jovine, nado en Castellammare di Stabia, Campania, en xaneiro de 1921 e finado en Greenwich, Connecticut, o 20 de xaneiro de 2003, foi un deseñador de moedas e medallas de orixe italiana e naturalizado estadounidense."Marcel Jovine". askART.com
Foi moi coñecido como o creador de varios xoguetes, do selo municipal de Closter, Nova Jersey, e de diversas medallas e moedas conmemorativas estadounidenses.Cahill, W. "A History of Closter's Sculptors". Closter, NJ Historic Preservation Commission (Rothschilddesign.com).
Traxectoria
Orixe e vida familiar
Marcel Jovine naceu en xaneiro de 1921 en Castellammare di Stabia, na Cidade Metropolitana de Nápoles. Pasou a súa infancia en Nápoles e asistiu clases de debuxo en tanto que asistía á Academia Militar Italiana. Tamén estudou Enxeñaría e Arquitectura na Universidade de NápolesSmith, P. (2025). Páxina 237. e logo cursou estudos artísticos na Real Academia de Turín.Smith, P. (2022).
No transcurso da segunda guerra mundial foi capturado polos británicos no norte de África mentres servía no Exército Italiano, e foi trasladado a un campo en Pensilvania. Alí, como prisioneiro de guerra, utilizou as súas habilidades de debuxo para crear deseños e esculturas. En Pensilvania coñeceu tamén a pianista Angela D'Oro, despois de vela tocar o piano para os prisioneiros de guerra. Concluída a contenda e logo de ser liberado, en 1946 regresou desde Ítalia aos Estados Unidos,Homren, W. (2003). para casar con D'Oro. A parella ficou a residir naquel país e Jovine dedicouse profesionalmente ao deseño. Cos importantes beneficios que lle xerou a venda do seu deseño da boneca "Blessed Event" á compañía Ideal Toy Company, adquiriu unha gran casa de estilo vitoriano en Closter, onde fixou a súa residencia.
Carreira artística Nun obradoiro que estableceu na súa casa de Closter, desenvolveu numerosos xoguetes, entre os que destacaban barcos piratas e vehículos militares. Os seus bonecos anatómicos desmontables The Visible Man ("O Home Visible") e The Visible Woman ("A Muller Visible"), creados a principios da década de 1960, foron as súas creacións máis coñecidas.
Cara a 1958, Jovine produciu unha serie de xoguetes de plástico e libros ilustrados de contos populares ("Os tres porquiños", "Cincenta", "Hänsel e Gretel"...) que se comercializaban conxuntamente no interior duns estoxos pola compañía Playbook.
Tamén creou unha serie de esculturas de bronce de cabalos de carreiras cunha aparencia moi realista, entre as que cabe salientar as de Affirmed, Seattle Slew, Spectacular Bid, John Henry e Conquistador Cielo.
Na década de 1970 introduciuse no deseño de medallas, entre as que cabe salientar as dedicadas ao Bicentenario dos EEUU (1975-1976), ao 50 aniversario do voo de Charles Lindbergh a través do Atlántico (1977),"Marcel Jovine". Numista.com a titulada Dreamer of Dreams (1980), producida pola Sociedade de Medallistas,"Dreamer of Dreams 1980, by Marcel Jovine. medallicartcollector.com. ou a plaqueta conmemorativa do 125 aniversario da American Numismatic Society (1983), entre outras moitas.
Na década de 1980, Jovine creou tamén varios deseños para moedas conmemorativas emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, como a de 5 dólares conmemorativa do Bicentenario da Constitución (1987),"5 Dollars Constitution". Numista.com o reverso dos 5 dólares dos Xogos Olímpicos de Seúl (1988),"5 Dollars Olympics". Numista.com o reverso do dólar do Centenario de Eisenhower (1990)"1 Dollar Eisenhower Centennial". Numista.com e outras.
Jovine faleceu en Greenwich, Connecticut, o 20 de xaneiro de 2003, aos 81 anos, mentres visitaba a súa filla, Andrea Coopersmith."Marcel Jovine, 81; Sculptor Known for Visible Toys Series". En Los Angeles Times. 29 de xaneiro de 2003.Kaufman, M. T. (2003). "Marcel Jovine, 81; Designed Toys and Coins". En The New York Times. 27 de xaneiro. Foi soterrado en Englewood, Nova Jersey.
Recoñecementos
1984: Premio Sanford Saltus de Medalla, da American Numismatic Society."The Saltus Medal Award ". American Numismatic Society (Numismatics.org). 1987: Premio á Excelencia na Escultura Medallística, da American Numismatic Association."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Association (Money.org).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Homren, W. (2003). "Medalist Marcel Jovine died this week". En The E-Sylum, Vol. 6. Nº 4. 26 de xaneiro. Smith, P. (2022). "Marcel Jovine (1921-2003)". En The E-Sylum. Vol. 25. Nº 22. 29 de maio. Smith, P. (2025). "Jovine, Marcel". En American Numismatic Biographies. Páxinas 237-238.
Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados na provincia de Nápoles Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Nápoles Categoría:Medallas Categoría:Personalidades sen imaxes