Medio dólar doTricentenario de Rhode Island "1936 Rhode Island Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Providence, Rhode Island Tercentenary". Numista.com150x150px150x150pxA/: John Williams nunha canoa, cunha biblia, saúda un nativo americano de pé. Lendas: IN GOD WE TRUST / 1636 RHODE ISLAND 1936 / LIBERTY.R/: Áncora e escudo, tomados do selo do estado de Rhode Island. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / HALF DOLLAR / E PLURIBUS UNUM / HOPE Datas: 1936 Cecas: US Mint: Filadelfia (sen marca); Denver (D), S. Francisco (S). Deseño: John Howard Benson e Arthur Graham Carey. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 50.000 exemplares (mais outros 34 para ensaio). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Tricentenario de Rhode Island (coñecida tamén como medio dólar do Tricentenario de Providence, Rhode Island) foi unha moeda conmemorativa de prata emitida con este valor facial pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración do 300 aniversario da fundación en 1636 da cidade de Providence, en Rhode Island, aínda que non se faga mención desta cidade nas súas lendas. A moeda foi cuñada con data de 1936 nas cecas de Filadelfia, Denver e San Francisco."Providence, Rhode Island Tercentenary Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov)."1936 Providence, Rhode Island, Tercentenary Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org)."1936 Rhode Island Tercentenary Half Dollars". En Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 385-392.
Os artistas autores do seu deseño, John Howard Benson e Arthur Graham Carey, escolleron para o seu anverso e para o seu reverso senllos motivos extraídos dos selos de Providencia e do estado de Rhode Island, respectivamente.
Algúns membros da representación do estado de Rhode Island solicitáronlle ao Congreso dos Estados Unidos a emisión dunha moeda para conmemorar o 300 aniversario da fundación de Providence. O proxecto de lei que prevía tal emisión foi aprobado por ambas as cámaras do Congreso e posteriormente asinado polo presidente Franklin D. Roosevelt, polo que se autorizou a cuñaxe de 50.000 pezas, nas tres cecas daquela en funcionamento no país.
As moedas estiveron dispoñibles para a súa comercialización o 5 de marzo de 1936, e a escasa cantidade de pezas que se puxo ao dispor da poboación esgotouse en cuestión de horas. O motivo foi que algúns especuladores de Rhode Island reservaran grandes cantidades de pezas para as vender máis tarde, no momento en que os prezos subisen. Ese comportamento indignou a cidadanía e os coleccionistas de moedas, e os abusos especulativos levaron o Congreso a tomar medidas para prohibir, no sucesivo, a emisión de máis moedas conmemorativas.
Antecedentes e contexto
O feito conmemorado miniatura|301x301px|O desembarco de Roger Williams en 1636, pintura de Alonzo Chappel (1857)."Alonso Chappel. The Landing of Roger Williams in 1636". Rhode Island School of Design Museum (risdmuseum.org). Roger Williams naceu en Gran Bretaña arredor de 1603; foi ordenado ministro e, logo de se converter en puritano, trasladouse á Colonia da Baía de Massachusetts, onde pasou a ser o ministro da igrexa de Salem. As autoridades coloniais comezaron a cuestionar algunhas das ensinanzas que lle impartía á súa congregación, como a separación entre igrexa e Estado e a xestión xusta á hora de adquirir terras dos indíxenas americanos, motivo polo que se determinou o seu desterro da colonia en 1635.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 385.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 109.
Intentouse entón envialo de volta a Europa, mais no canto diso fuxiu a pé e atopou refuxio con Massasoit, cacique do pobo Narragansett, a quen lle comprou uns terreos en 1636, e alí estableceu as coñecidas como Plantacións de Providence. Estas fusionáronse finalmente cos asentamentos de Rhode Island para constituír formalmente a Colonia de Rhode Island e Plantacións de Providence, que máis tarde se converteu no Estado de Rhode Island.
A idea da emisión conmemorativa O grande interese histórico das conmemoracións de episodios relevantes da historia dos Estados Unidos motivou na primeira metade do século XX o desexo dalgunhas entidades de promover a emisión de moedas conmemorativa da efeméride, como xa estaba a suceder con outras conmemoracións. Na década de 1930, as moedas conmemorativas non eran distribuídas polo Goberno estadounidense, senón que o Congreso, ao aprobar a lexislación que autorizaba cada moeda, designaba unha organización sen ánimo de lucro á que lle outorgaba o dereito exclusivo de as adquirir ao seu valor nominal e logo revendelas á poboación cunha prima, supondo así unha fonte de financiamento para celebracións e eventos diversas.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.
En 1931 establecérase un comité para preparar os actos conmemorativos do tricentenario da fundación de Providence por Williams.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 386. Así as cousas, a Comisión do Tricentenario de Providence foi autorizada como entidade comercializadora do medio dólar conmemorativo, coa condición de que esta utilizase os beneficios logrados para cubrir os gastos das celebracións do aniversario.Flynn, K. (2008). Páxina 352.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxinas 101-102.
Proceso lexislativo
Os numismáticos Anthony Swiatek e Walter Breen afirman no seu volume sobre as moedas estadounidenses conmemorativas que os promotores da emisión do medio dólar do Tricentenario de Rhode Island foron os senadores Jesse H. Metcalf e Peter Gerry, así como o representante John Matthew O'Connell. Os tres lexisladores exerceron presión política para lograr a súa autorización.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 214.
O 3 de abril de 1935 xa se aprobara un proxecto de lei na Cámara de Representantes para a emisión dunha moeda de medio dólar do Sesquicentenario de Hudson, que tamén fora recomendado para a súa aprobación no Senado pola Comisión de Banca e Moeda.USSCBC (1935). Páxinas 1-2."Coinage of 50-Cent Pieces in Commemoration of the Founding of Hudson, N. Y.". En Congressional Record - House. 3 de abril de 1935. Páxina 4.952. Cando aquel proxecto de lei foi tomado en consideración no Senado o 15 de abril, o senador Metcalf propuxo engadirlle unha emenda para incluír no mesmo proxecto a solicitude da moeda do Tricentenario de Providence. Non houbo obxección nin debate, e o proxecto de lei foi aprobado polo Senado."Anniversary of Founding of Hudson, N. Y., and Providence. R. I.". En Congressional Record - Senate. 15 de abril de 1935. Páxinas 5.643-5.644.
A continuación, o proxecto de lei foi devolto á Cámara de Representantes, que aceptou as emendas do Senado,"Coinage of 50-Cent Pieces Commemorating the Founding of Hudson, N. Y., and Providence. R. I.". En Congressional Record - House. 18 de abril de 1935. Páxina 5.995. e finalmente foi promulgado como a Lei pública Nº 48, do 2 de maio de 1935, logo da sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt.Swiatek, A. (2012). Páxina 249."Hudson, NY and Providence, RI Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).
Preparación miniatura|320x320px|Un dos deseñadores da moeda, John Howard Benson, no seu estudio en 1938."John H. Benson, 1938 May 31". Archives of American Art. Smithsonian Institution (AAA.si.edu). John Howard Benson foi un dos artistas que se encargaron do deseño da moeda. O 12 de decembro de 1935, Benson escribiulle unha carta a Lee Lawrie, da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, a quen lle proporcionou información sobre o proceso de deseño. Benson relatou que Royal B. Farnum, da Escola de Deseño de Rhode Island, lles encomendara o deseño da moeda a el e a Arthur Graham Carey, porque ambos xa realizaran previamente algunhas pequenas medallas.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vi, 161.
O comité de moedas da Comisión do Tricentenario propuxo orixinalmente como motivo principal dunha das faces da moeda as sete estrelas presentes nunha versión primitiva do selo de Providence, coa áncora do selo de Rhode Island e o lema do estado "HOPE" no outro. No entanto, Benson díxolle a Lawrie que finalmente o comité de moeda cambiara de idea, e propuxera unha representación de Roger Williams no anverso sendo recibido polos Narragansetts. Así as cousas, decidiuse abrir o deseño a un concurso público, no que Benson e Carey participaron cunha proposta con deseños axustados á nova idea, e no que resultaron gañadores.Taxay, D. (1967). Páxinas 167-168.
Benson escribiulle a Lawrie para lle dicir que estaba ansioso por recibir a opinión da Comisión de Belas Artes, e Lawrie reenvioulle a carta ao presidente desta Comisión, Charles Moore, ese mesmo día, sinalando: "Non sei ben cales son os seus problemas... Non será unha gran moeda, pero creo que os modelos están á altura dalgúns outros que aprobamos".Taxay, D. (1967). Páxinas 168-170. A Comisión ao completo aprobou os deseños propostos por Benson e Carey o 20 de decembro. A partir dos modelos en xeso que presentaran cos seus deseños, foi a compañía neoiorquina Medallic Art Company a que se encargou de reducilos ao tamaño real da moeda para elaborar as correspondentes matrices.Taxay, D. (1967). Páxina 171.
Deseño
Anverso miniatura|212x212px|Selo da cidade de Providence, de onde se tomou a escena que caracteriza o anverso. O motivo anverso do medio dólar do Tricentenario de Rhode Island baséase no selo da cidade de Providence, que reproduce unha escena con Roger Williams de xeonllos nunha canoa, coa man ergueita como sinal de amizade, e o indio Narragansett que o saúda ten a man estendida, coa palma cara a abaixo, como un sinal nativo de "bo". Ás costas do nativo hai unha espiga de millo, como referencia á axuda e a amizade que os indios lles amosaran aos peregrinos do Mayflower ao establecer a colonia de Plymouth. A Biblia na outra man de Williams simboliza a contribución dos colonos a América. No fondo, o Sol está saíndo, como símbolo de que Rhode Island foi a primeira colonia onde se garantiu a liberdade relixiosa. No campo do anverso engádese a inscrición LIBERTY, e rodean a escena a lenda 1636 RHODE ISLAND 1936 e o lema nacional dos Estados Unidos IN GOD WE TRUST.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 108.Swiatek, A. (2012). Páxina 367.
Reverso No reverso represéntase a Áncora da Esperanza, tomada do selo estatal de Rhode Island. O lema HOPE que se reproduce na parte superior simboliza a autoridade do goberno estatal, mentres que o lema nacional E PLURIBUS UNUM evoca a do goberno federal. O nome do país (UNITED STATES OF AMERICA) e a expresión do valor facial da moeda (HALF DOLLAR) rodean o deseño do reverso.Swiatek, A. (2012). Páxinas 363, 367.miniatura|210x210px|Selo do estado de Rhode Island, que inspirou o reverso.En ningún lugar da moeda aparece o nome de Providence, que si que figuraba nas propostas iniciais mais que foi omitido nas modificacións finais exixidas polo Comité da Moeda.
Valoracións críticas Segundo Swiatek, "o anverso desta emisión non está moi ben considerado entre os coleccionistas. A imaxe de Roger Williams ten o aspecto dun robot da antiga serie de Flash Gordon".Swiatek, A. (2012). Páxina 369. Segundo este autor, os dous deseñadores convertéronse máis tarde en socios dunha empresa de talla de pedra en Newport, Rhode Island, o que explica o aspecto escultórico da moeda.
Pola súa banda, o historiador da arte Cornelius Vermeule escribiu que as numerosas bandas coas inscricións ateigan os deseños, e ademais, na súa opinión, "Roger Williams na súa canoa semella Elpénor en medio dos carrizos nunha ánfora grega de arredor do 440 a.C., cunha escena do diálogo de Orfeo no Inframundo". Vermeule sinala que "o indio e Williams están esbozados cun encanto infantil de conceptualismo", pero "o escudo de armas é tan sinxelo que desafía a análise, ou mesmo o comentario".Vermeule, C. (1971). Páxina 192.
Para Q. David Bowers, "nunca se fixeron críticas significativas ao deseño".Bowers, Q. D. (1991). Páxina 391.
Produción e distribución