miniatura|Tumba familiar de William Dobinson Halliburton no Cemiterio de Highgate. William Dobinson Halliburton FRS (nado o 21 de xuño de 1860, en Middlesex – finado o 21 de maio de 1931, en Exeter) foi un fisiólogo británico, famoso por ser un dos fundadores da ciencia da bioquímica.

William foi un dos catro fillos (tres irmás e mais el) que tiveron Thomas Gill Halliburton e Mary Strachan Homan de Middlesex. Educouse na Escola do Colexio Universitario e posteriormente no Colexio Universitario de Londres, obtendo unha licenciatura en ciencias (BSc) en 1879. Durante o seu MRCS en 1883 foi nomeado axudante de Fisioloxía no Colexio Universitario baixo a dirección de Ser Edward Sharpey-Schafer. Fíxose médico (MD) en 1884, entrou no Colexio Real de Médicos un ano despois e o foi Membro (fellow) en 1892. Halliburton sucedeu a Gerald Francis Yeo na cátedra de Fisioloxía no King's College London en 1889. Nun período de 34 anos no King's College estivo moi implicado na súa administración e foi decano da Facultade de Ciencia Médica durante moitos anos. En 1923 a súa crónica mala saúde obrigouno a dimitir da cátedra e aceptar a sinecura de Profesor Emérito.

Durante o seu exercicio no King's College, xuntou un equipo de investigadores, moitos dos cales foron posteriormente médicos distinguidos, incluíndo figuras como Thomas Gregor Brodie (1866-1916), Frank S. Locke, Ser Charles James Martin (1866-1955), Ser Frederick Walker Mott (1853–1926), Walter Ernest Dixon (1871–1931), Sigmund Otto Rosenheim (1871–1955) e Corrado Donato Da Fano (1879-1927). El e Rosenheim descubriron que o colesterol do que se dispoñía non era puro, senón que contiña ergosterol o cal orixinaba a formación de vitamina D baixo luz ultravioleta. O primeiro laboratorio de Halliburton foi improvisado nun corredor que non se utilizaba, pero malia todo chegou a ser o lugar de xuntanza das mentes máis brillantes do primeiro periódico da ciencia da bioquímica. A súa primeira investigación centrouse nas proteínas do músculo e sangue, o que orixinou a súa elección como Membro da Real Sociedade en 1891. Xunto con Walter Ernest Dixon estudou a ciruclación cerebral e o líquido cefalorraquídeo. Durante ese período contribuíu a fundar a Sociedade Bioquímica da cal foi o único membro honorario.British Medical JournalBiochemical JournalObituary

O nome de Halliburton foi moi célebre no campo da literatura médica. Os seus escritos eran detallados e lúcidos, e deron lugar a libros de texto que foron moi valorados polos estudantes de todo o mundo. O primeiro deles foi "Textbook of Chemical Physiology and Pathology" publicado en 1891, o cal xuntou todo o coñecemento da súa disciplina do seu tempo. Escribiu o libro "Kirkes' Physiology" completamente en 1896 ao cal, despois de numerosas edicións, acabou por coñecerse como "Halliburton's Physiology" e un libro de referencia indispensable para lexións de estudantes de Medicina. Foi tan popular que un editor americano incumpriu as leis de copyright e publicou e vendeu edicións non autorizadas.British Medical Journal, 1900

A inicios de 1903 deu unha serie de oito conferencias en Londres. Pouco despois a Escola de Medicina da Universidade de Nova York invitouno para que fose o Conferenciante Herter inaugural. Usando as notas das súas conferencias de Londres, Halliburton deu unha ducia de conferencias en Nova York en xaneiro de 1904. Despois escribiu un libro coas conferencias nunha forma algo diferente.

Halliburton morreu despois de enfermar nunhas vacacións en Cornualla, o que o obrigou a ter que ser operado nunha clínica en Exeter, sen éxito. Está sepultado no Cemiterio de Highgate.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Lista de membros da Real Sociedade (1660-2007) Xenealoxía

Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Fisioloxía Categoría:Bioquímicos do Reino Unido