Wideband Global SATCOM ou WGS é unha serie de satélites de comunicacións dos Estados Unidos situados na órbita xeoestacionaria que empezaron a lanzarse en 2007.

Características miniatura|Representación artística dun satélite WGS. Os satélites WGS, orixinalmente co significado de Wideband Gapfiller Satellite, foron desenvolvidos por Boeing Satellite Systems por contrato do goberno para substituír os satélites DSCS III. A súa función é servir de enlace de comunicacións para o exército e a forza aérea dos Estados Unidos con conexións de alta velocidade, usando a banda Ka. Segundo o tipo e capacidades hai varios bloques de satélites WGS. As unidades lanzadas o foron usando foguetes Atlas 5 e Delta 4.

WGS Bloque 1 O Bloque 1 está formado polos WGS 1, 2 e 3. Son satélites que usan o bus BSS-702, cunha masa en seco de 3000 kg e 11 kW de potencia xerados polos seus paneis solares. Teñen un tempo estimado de vida de 14 anos e proporcionan un ancho de banda de entre 2,1 e 3,6 Gb/s, máis de 10 veces a capacidade dos DSCS III. A bordo levan transpondendores en banda Ka e banda X, con antenas dirixibles para modificar a cobertura en función das necesidades.

WGS Bloque 2 Está formado polos WGS 4, 5, 6 e 7. Son similares aos do Bloque 1 pero mellorados, cunha capacidade aumentada para dar servizo a vehículos aéreos non tripulados.

WGS Bloque 2 Continuación Formado polos WGS 8, 9 e 10, usan bandas melloradas, aumentando a capacidade dos precedentes en ata un 30%.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasWSGS 111 de outubro de 2007Atlas 5ÉxitoWSGS 24 de abril de 2009Atlas 5ÉxitoWSGS 36 de decembro de 2009Delta 4MÉxitoWSGS 420 de xaneiro de 2012Delta 4MÉxitoWSGS 525 de maio de 2013Delta 4MÉxitoWSGS 68 de agosto de 2013Delta 4MÉxitoWSGS 724 de xullo de 2015Delta 4MÉxitoWSGS 87 de decembro de 2016Delta 4MÉxitoWSGS 919 de marzo de 2017Delta 4MÉxitoWSGS 1016 de marzo de 2019Delta 4MÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos DSCS III Delta 4M Atlas 5

Categoría:Satélites artificiais