Joaquín Miguel Bouzamaior Gato, nado en Trasancos (Narón) cara a 1906 e finado no Val o 26 de agosto de 1936, foi un mecánico, sindicalista e político galego.
Traxectoria Mecánico. Afiliado á UGT, foi fundador, secretario,BOP A Coruña,23-3-1934, p. 2. e despois presidente do Sindicato Agrario e de Oficios Varios de Trasancos. Militante socialista, foi elixido presidente da Agrupación Socialista de Narón en setembro de 1935.El Obrero, 19-10-1935, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o 19 de agosto unha partida de falanxistas e gardas civís sacárono da casa e paseárono o 26 de agosto con José María Díaz Díaz, José López Leira e outros dous veciños na estrada de Santa Margarita no Val. Foi soterrado no cemiterio do Val.Fosa en el cementerio de Santa María a Maior do Val Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O fusilamento no cruce de Santa Margarida Ficha en Memoria da Coruña Ficha en Memoria Democrática
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936