Mycobacterium marinum é unha micobacteria de auga doce e salgada de lento cercemento pertencente ao xénero Mycobacterium e ao filo Actinobacteria. Anteriormente era coñecida co nome Mycobacterium balnei. A cepa marinum foi identificada por Joseph D. Aronson en 1926 e é un membro patóxeno do seu xénero que causa infeccións parecidas á tuberculose en peixes (micobacteriose) e lesións na pel en humanos. Esta bacteria crece optimamente a unha temperatura duns 30 °C.

Infección humana

Mycobacterium marinum é unha bacteria aerobia ácido-rápida que pode infectar os humanos. A infección está usualmente asociada coa natación, a comida mariña preparada ou co traballo con ou mantemento de peixes de acuario. As infeccións nos humanos son raras debido á cloración da auga. As bacterias penetran a pel a través de traumas, usualmente de mordedelas, feridas causadas por aletas e penetración de obxectos alleos. A infección non é transmisible de persoa a persoa.

As bacterias invaden os macrófagos, impedindo a fusión de fagosoma-lisosoma e replicándose o seu interior.

Detectouse un raro caso de infección humana cando unha iguana mordeu a un neno de 3 anos estadounidense en Costa Rica en marzo de 2022. É o primeira infección relacionada cunha trabada, xa que a maioría das infeccións orixínanse cando unha ferida aberta se pon en contacto con auga contaminada. A presentación do caso formaba parte do programa dun congreso científico en Copenhague celebrado en abril de 2023.

Filoxenia

Os estudos filoxénicos iniciais feitos usando datos da secuencia do xene do ADNr de 16S mostran que M. marinum é próxima a M. tuberculosis e M. ulcerans.

A secuencia do xenoma completo de M. marinum (cepa M) publicouse primeiramente en 2008 e posteriormente, coa aparición da secuenciación da seguinte xeración (NGS), publicáronse o da cepa tipo marinum ou secuencias do xenoma illadas de pacientes. 

Notas

Categoría:Mycobacteriales Categoría:Doenzas de peixes