Luis Barrio Rey, finado na Coruña o 13 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria En xaneiro de 1924 tramitou un expediente para crear unha escola privada na Coruña,La Voz de Galicia, 16-1-1924, p. 3. que autorizaron en outubro.La Voz de Galicia, 8-10-1924, p. 24. Mestre no barrio de Santa Lucía da Coruña. Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi nomeado secretario da Cooperativa de Casas Baratas Concepción Arenal en xaneiro de 1932,La Voz de Galicia, 26-1-1932, p. 2. e elixido presidente da Asociación de Veciños da Coruña constituída o 3 de maio de 1933.La Voz de Galicia, 7-5-1933, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado na Coruña. A súa defunción foi inscrita no Rexistro civil da Coruña a causa de hemorraxia interna o 13 de agosto de 1936. Foi soterrado nunha fosa común do cemiterio de Santo Amaro con Manuel Carrera Miragaya, Manuel Escariz Bugallo, Emilio de la Iglesia Rey e Francisco Raña Boquete.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña

Ficha en Botones de nácar, contra el olvido

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1936