Donald Nelson Everhart, nado en York, Pensilvania, o 19 de agosto de 1949, é un deseñador e gravador de medallas e moedas dos Estados Unidos."Don Everhart, US Coin Designer and Engraver". USA Coin Book (Usacoinbook.com).

Traxectoria Everhart, nado o 19 de agosto de 1949 en en York, Pensilvania,"Don Everhart - US Mint Medallic Artist and Sculptor 2004 - 2017". Coincommunity.com cursou o ensino secundario no Central York High School en 1967, e logo acadou a súa graduación en Belas Artes na Universidade de Kutztown, en Pensilvania, coa espacialidade de Pintura, en 1972."Don Everhart. Designer. Artistic Infusion Program". United States Mint (Usmint.gov)."Don Everhart". American Medallic Sculpture Association (Amsamedals.org).Smith, P. (2025).

En 1974 incorporouse ao cadro de persoal da ceca privada Franklin Mint,"Don Everhart: My Career in Coins, Part 1: The Franklin Mint". En Coin Week. 3 de abril de 2018. onde ocupou o posto de escultor e gravador durante seis anos.

En marzo de 1980, Everhart deixou a Franklin Mint e orientou a súa carreira artística como creador independente, e os seus traballos abrangueron obras tan variadas como figuriñas, pratos ou moedas e medallas para entidades como Walt Disney, Tiffany, a Real Casa da Moeda de Noruega ou a Royal Mint de Londres.

En xaneiro de 2004, Everhart incorporouse ao equipo de gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos, ao que estivo adscrito ata a súa xubilación o 31 de xullo de 2017."Don Everhart: My Career in Coins, Part 2: The United States Mint". En Coin Week. 17 de abril de 2018.

miniatura|220x220px|Tyrannosaurus Rex (1993), medalla de arte creada para a Society of Medalists."Dinosaur by Don Everhart 1993". Medallicartcollector.com

Ao longo da súa traxectoria artística, Everhart foi membro de varias entidades asociativas e sociedades eruditas. Entre 1992 e 1994 presidiu a American Medallic Sculpture Association, e foi membro tamén da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM), da American Numismatic Association (ANA), da Sociedade Nacional de Escultura e da Asociación de Arte do Condado de Chester.

Entre as primncipais entidades emisoras dos seus traballos de numismática e medallística están a US Mint, a Franklin Mint, a Medallic Art Company, a Franklin Mint, a Northwest Territorial Mint, a Hamilton Mint, a Medal Craft, a Hoffman Mint, a Royal Mint e a Real Casa da Moeda de Noruega.

Entre outras institucións, a obra de Everhart forma parte das coleccións permanentes do Instituto Smithsoniano,"Don Everhart II". Smithsonian American Art Museum (Americanart.si.edu). o Museo Británico,"Don Everhart". The British Museum (Britishmuseum.org). a American Numismatic Association e a Sociedade Nacional de Escultura dos Estados Unidos.

Obra

Moedas Durante os seus anos de traballo na Franklin Mint, Everhart foi o creador dos deseños de moedas circulantes e conmemorativas para diferentes países, entre eles Guiana, as Illas Filipinas, Panamá, Xamaica, as Antillas Neerlandesas, Papúa Nova Guinea, Barbados e as Illas Cook."Don Everhart". Numista.com

Como gravador da US Mint, participou na maiotría das series de moedas circulantes producidas por esta entidade. Entre os seus traballos destacan o deseño e o gravado dos reversos da serie de cuartos de dólar dos 50 estados correspondentes a Nevada, Hawai e Novo México, así como o gravado dos de California, Montana e Idaho, deseñados por outros artistas. Dentro da serie do dólar presidencial, a partir de 2007, deseñou e gravou o característico reverso da Estatua da Liberdade para que aparecese en toda a serie, e participou nos anversos de 15 moedas. Tamén achegou deseños para a serie de dólares da Primeira Dama.

No tocante ás moedas estadounidenses conmemorativas, cabe destacar o seu deseño do retrato do anverso do dólar de prata Benjamin "Pai Fundador" (2006), o reverso do dólar da desegregación da Little Rock Central High School (2007) ou o anverso do dólar do 400 aniversario de Jamestown (2007), entre outros moitos.

Como deseñador autónomo, deseñou e gravou tamén unha serie de 25 moedas conmemorativas para as Illas Marshall, cada unha representativa dun avión da segunda guerra mundial."Marshall Islands. Don Everhart". Numista.com

Medallas O presidente William Clinton escolleu un retrato medallístico creado por Everhart para a súa segunda medalla de investidura en 1997, e tamén creou a medalla de investidura de Barak Obama en 2013. Ademais, encargouse tamén do deseño e o gravado de seis medallas do Congreso emitidas pola US Mint, e tamén colaborou parcialmente en arredor doutras corenta."Don Everhart: My Career in Coins, Part 3: Historic Figures & Heads of State". En Coin Week. 1 de maio de 2018.

Everhart foi tamén autor de sete medallas da serie conmemorativa dos 70 anos da Sociedade de Medallistas dos Estados Unidos, todas elas producidas pola Medallic Art Company.

Igualmente, a el débeselle tamén un bo número de medallas como creador autónomo, moitas delas dedicadas a animais e elementos da natureza.

Obra escultórica Everhart creou tamén un bo número de figuriñas de personaxes de Disney para a Walt Disney Company, así como outros artigos de agasallo para compañías como Lenox, Tiffany & Co., The Hamilton Collection, Bradford Exchange, Enesco e Schmid.

Tamén creou un can bulldog a tamaño real para a Universidade de Georgetown, a modo de mascota da institución, así como dous gravados en relevo de bronce para as súas portas principais. Para esta universidade creou tamén unha medalla-retrato do seu fundador, John Carroll, unha placa en relevo do adestrador de baloncesto John Thompson e unha instalación de 24 placas en baixorrelevo de bronce para o Salón da Fama do Deporte da universidade.

Recoñecementos

1985: Premio de Relevo e Medallas da National Sculpture Society. 1994: Premio á Excelencia na Escultura da Medalla, da American Numismatic Association."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Association (Money.org). Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2025). "Weaver, Donna L.". En American Numismatic Biographies. Páxina 443.

Ligazóns externas

Sitio web de Don Everhart Don Everhart: Making Money

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados no condado de York, Pensilvania Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Medallas Categoría:Alumnos da Universidade de Kutztown Categoría:Personalidades sen imaxes