Maria da Graça Foles Amiguinho Barros, tamén coñecida como Graça Foles Amiguinho, Graça Amiguinho e Mary Foles, nada en Santa Eulália (Elvas) o 13 de febreiro de 1946, é unha mestra e escritora portuguesa. Moi ligada á Galiza, promoveu a unión de escritores de Portugal, Galiza, Asturias, Estremadura e Brasil en 9 escolmas, desde 2019.
Traxectoria Foi bolseira da Fundación Calouste Gulbenkian, estudou en Portalegre e foi Profesora do Ensino Básico en Vila Nova de Gaia, onde tamén fixo un programa de radio sobre educación.
Comezou a escribir poesía en 2005 a raíz de mancarse nunha caída. En 2015 comezou a escribir no Jornal Elvasnews. En 2017 entrou na Academia Mundial da Cultura e Literatura do Brasil, onde ocupou a cadeira 39. Colabora en Pontevedra en De vella a bella. O seu poema dedicado às "Salgadeiras de Moreiras", converteuse no himno de "Versos da Salgadeira" no Grove.
As súas obras teñen como tema de relevancia o amor, a fraternidade e o respecto por todos os seres.
Obra
O meu sentir (2006). Papiro Editora. Poesía intimista. ISBN 989-8056-05-3. Alma Alentejana (2018). Oito poemas foron cantados Berta Miranda. Fot. Jacinto César, José Manuel Jesus Silva; aguarelas António Luís Silva. ISBN 978-989-691-755-5. Não te disse Adeus (2019). ISBN 978-989-33-0221-7. Meu Alentejo Raízes (2021). Ilustrado polo fillo Rui Barros. 222. páxs. Meu Alentejo, Saudade (2022). 111 páxs. Poesia e Arte (2022). Con Rui Barros. 100 páxs. Cães e Gatos, Animais de estimação (2022). Idrys. Co seu fillo Rui Barros. Infantil. 52 páxs. Amor na Guerra (2023). Novela co prólogo da embaixadora da Ucraína en Portugal. 221 páxs. Contos de Natal/Nadal. Portugal Galiza Asturias Brasil (2023). Andrómena Senlleira. ISBN 978-84-127683-1-2. O Diário de Eugene. Guerra da Ucrânia deportada de Bakhmut para a Crimeia (2023). Andrómena Senlleira. ISBN 978-84-127683-0-5.
Para além de mim (2024). Poesiafaclube. Escolla de poemas ao longo de 20 anos. ISBN 978-989-569-768-7. Uma Conversa Sobre Abril. Portugal antes e depois do 25 de abril de 1974 (2025). Cordel D' Prata. 122 páxs. ISBN 9789895854837. Fátimah. A moura encantada do Castelo de -Alba- Elvas (2025). Novela. Uma Alentejana no Porto (2025). Andrómena Senlleira. 216 páxs. ISBN 9788412768367.
Como Graça Amiguinho
Solsticios da miña vida (2025). Traducido ao galego por Armando González López. Edición de Avelino Jácome Iglesias.
Como Mary Foles
Amar perdidamente (2023). Punto Rojo Ed. ISBN 9798395903310. 262 páxs. Sob o céu na Batalha (2024). Cordel D' Prata. ISBN 9789895796410.
Libros colectivos
Elvas à Vista (2019) Eurocidade, Badajoz, Elvas, Campo Maior (2019). Raia Luso Espanhola (2020). Imp. Grafivedras. ISBN 978-989-33-0544-7. Cultura sem fronteiras (2021). ISBN 978-989-33-1901-7 Abraço de Culturas (2022). Literatura e Artes. Histórias de encantar (2023). Escritores portugueses, galegos e asturianos. Pontevedra. Paz, esperança, liberdade (2023). Autores galegos e portugueses. Colectânea 2024, Sempre Abril. 50 Anos Da Revolução Dos Cravos - 500 Anos Do Nascimento De Luís Vaz De Camões (2024). Caminho. Décima coletânea internacional (2024). 12ª Colectánea Galaico-Portuguesa Internacional “Tod@s” (2025).
Notas
Categoría:Nados en Portugal Categoría:Nados en 1946 Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa