miniatura|Cabalo cego A cegueira é a perda do sentido da vista.Consello Internacional de Oftalmoloxía: "International Standards: Visual Standards — Aspects and Ranges of Vision Loss with Emphasis on Population Surveys." PDF Abril del 2002. (en inglés) A cegueira desde o punto de vista legal é máis complicada de definir e está establecida en Norteamérica e Europa cando a agudeza visual da persoa é de 20/200 (6/60) ou menos no ollo con mellor visión e provisto coa mellor corrección posible. Na práctica significa que un cego debería estar a 2 metros dun obxecto para velo co mesmo grao de claridade co que unha persoa de visión normal o ve desde 20 metros. Algunhas lexislacións tamén consideran cegueira ter un campo de visión menor de 20 graos en lugar dos 180 graos normais.

Ao redor do 10% das persoas consideradas legalmente como cegas o son totalmente. Nos países en vías de desenvolvemento a falta de suficiente atención sanitaria provoca maior incidencia de casos de cegueira que nos países desenvolvidos. Epidemioloxía En agosto do 2014 o Organización Mundial da Saúde publicou o artigo Visual impairment and blindness onde se estimaba que había 285 millóns de persoas (ao redor do 2,6% da poboación mundial) que presentaban discapacidades da visión. Destes, uns 346 millóns (un 2%) tiñan unha visión diminuída e 39 millóns (un 0,6%) eran cegos. Dos que son cegos o 90% viven en países en vías de desenvolvemento.Bosanquet N, Mehta P., P. Evidence base to support the UK Vision Strategy. RNIB and The Guide Dogs for the Blind Association No mundo a media é de 3.4 persoas que teñen baixa visión, por países e rexións a variación vai desde as 2,4 ata 5,5.World Health Organization No mesmo ano, en Galicia había máis de 56.000 persoas con retinopatía diabética, e máis de 58.000 con glaucoma.

Discapacidade visual

Unha persoa con discapacidade visual é unha persoa cunha visión que non chega, malia as correcciones ópticas adecuadas, o 100% de resto visual. O resto visual fórmana dous parámetros de definición visual: a agudeza visual e o campo visual.

O agudeza visual, é a capacidade de distinguir as formas dos obxectos a certa distancia e mídese coa proba das letras (ou as formas xeométricas) de tamaño menguante, establecendo cada liña, vista ou non, nun 10 % da agudeza visual.

O campo visual é o ángulo que o ollo ve, correspondendo 90º a cada ollo (total 180º). O campo redúcese, ben "pechándose" polos lados, ben de forma aleatoria, debido a manchas que se forman no ollo.

A persoa que, a pesar do uso de correccións ópticas, non consegue chegar ao 100%, pero supera o 50% de resto visual leva unha vida normal e posiblemente non teña conciencia da súa diminución. En cambio, por baixo do 50%, empeza a ter dificultades evidentes e dise que ten baixa visión. Hai que ter en conta que, por baixo do 20% de resto visual, as dificultades visuais son severas e fan imprescindible o uso de técnicas de adaptación.

Cando non se consegue superar o 10% de agudeza e/ou ten restrinxido a só 10º o seu campo visual, considérase entón que padece cegueira legal. Finalmente, se non ve máis que zonas difusas de iluminación e sombra, ou ben nada en absoluto, fálase de cegueira total.ACCDV Associació Catalana de Cecs i Disminuïts Visuals - PMF

Tipos de cegueira Cegueira parcial: é cando a persoa ve con baixa visión ou non ten a suficiente capacidade de ter unha boa visión e vense obrigados a usar lentes para ter boa visión. Ceguera total ou completa: é cando a persoa non ve nin sente absolutamente nada, nin sequera luz nin o seu reflexo (resplandor).

Principais causas de cegueira Enfermidades miniatura|dereita|220px|Catarata nun ollo humano. Cataratas: ocasiona o 48% das cegueiras, ten tratamento cirúrxico Glaucoma: máis frecuente a partir dos 50 anos ocasiona o 12% dos casos de ceguera e ten tratamento especialmente nas fases iniciais. Dexeneración macular asociada á idade: pódese tratar pero non curar e é a causa dun 9% das cegueiras. Tracoma: (4%) é a causa principal de cegueira infecciosa mundial. Opacidade da córnea: (5%). Retinopatía por diabetes: pódese tratar pero non curar e é a causa dun 5% das cegueiras. Uveíte: e a inflamación da úvea. Malnutrición: asociada con outras consecuencias

Anormalidades e lesións Lesións no lóbulo occipital do cerebro. Accidentes con lesións por axentes físicos ou químicos.

Defectos xenéticos Albinismo: As persoas con albinismo usualmente sofren de deterioración á vista estendida no grao de cegueira parcial, aínda que poucos presentan cegueira total. Amaurose conxénita de Leber: unha distrofia da retina que pode causar a cegueira total ou unha perda severa da visión na infancia. Aniridia. Falta conxénita do iris do ollo. Recentes descubrimentos no xenoma humano identificaron outras causas xenéticas de baixa visión ou cegueira. Unha delas é a síndrome de Bardet-Biedl.

Tratamento Un estudo de 2008 publicado no New England Journal of Medicine puxo a proba o efecto do uso da terapia xénica para contribuír a restaurar a vista de pacientes cunha forma rara de cegueira herdada, coñecida como amaurose conxénita de Leber, ou ACL. A amaurose conxénita de Leber dana os receptores de luz da retina e habitualmente comeza a afectar a vista a principios da nenez, e a vista vai empeorando ata que se chega a unha cegueira completa cara á idade de trinta anos.

Este estudo utilizou un virus do arrefriado común para levar unha versión normal do xene chamado RPE65 directamente aos ollos dos pacientes afectados. Notablemente, os tres pacientes (de idades de 19, 22 e 25 anos) responderon ben ao tratamento e afirmaron que a vista melloraralles logo deste tratamento. Debido á idade dos pacientes e a natureza dexenerativa da ACL, a mellora da vista nos pacientes de terapia xénica anima os investigadores. Espérase que a terapia xénica poida ser aínda máis eficaz nos pacientes de ACL máis novos que sufriron unha perda de vista limitada, así como noutros individuos parcial ou totalmente cegos.

Técnicas de adaptación e axudas miniatura|Un bastón branco pregable, e semi-pregado Para a mobilidade Ferramentas como o bastón branco coa punta vermella -símbolo internacional da cegueira- utilízanse para mellorar a mobilidade. É un bastón longo que amplía a sensación táctil do alcance do usuario. A persoa cega dálle un movemento baixo de varrido, na traxectoria prevista do percorrido, para así detectar os obstáculos.

Un can guía é un can adestrado para guiar persoas cegas ou cunha discapacidade visual grave, ou para axudalas nos traballos da fogar. Cando conduce as persoas con discapacidades visuais, o can debe ter a capacidade de discernir eventuais perigos debidos a obstáculos suspendidos, o que require cans de intelixencia bastante elevada e un adestramento avanzado.Cans guía - os mellores amigos dos cegos Escola de cans guía para cegos en Mortágua, Portugal

Para a lectura alt=Alfabeto braille básico.|miniatura|Alfabeto braille.

O braille é un sistema de lectura e escritura táctil deseñado para as persoas cegas. Foi inventado a mediados do século XIX polo francés Louis Braille. Cada carácter (e algún indicador, como por exemplo o de maiúsculas) está representado por unha caixa. Cada caixa braille consta de seis puntos nun rectángulo de tres filas e dúas columnas. Por cada caixa haberá unha determinada combinación en relevo destes puntos, que permitirá a identificación do carácter.

Coa chegada da informática, unha serie de dispositivos e de software apareceron para axudar ás persoas cegas ou con dificultade importante da visión. Entre estes están os escáneres con recoñecemento óptico de caracteres, os lectores de pantalla etc.

Para a escrita

Existen diversas máquinas para a escrita do Braille como Andersson, Blista, Henry Stainsb, Light, Perkins e Picht que contan cun teclado de 6 teclas centrais (unha por cada un dos puntos braille). Tamén hai teclados braille para odenadores que permiten a escrita análoga con estes dispositivos.

Identificación de cores

Métodos electrónicos Importante, por exemplo, para poder determinar a cor da roupa que o cego se pon ou compra, para separar a roupa que se poña na lavadora, saber se hai a luz acesa nunha habitación (para poder acendela ou apagala).

Así existen aparellos do tamaño dun mando dunha TV, que se conecta a uns audífonos e a persoa cega entón pode escoitar con voz humana a identificación da cor. Ponse en contacto o lector do aparello co obxecto que se quere identificar a cor, pulsase un botón e o aparello di a cor. É necesario que o obxecto estea iluminado. Así pode dicir vermello marrón escuro ou gris pálido. Non pode identificar tramados de cores, deben ser sólidos.

Tamén está na etapa final de deseño un aparello, baseado na sinestesia, que asociaría as cores a música. A tonalidade sería indicada pola nota musical (así unha nota aguda indicaría unha cor de tonalidade clara e unha nota grave unha de cor escura) e a cor polo instrumento (así a frauta doce indicaría o amarelo, o clarinete o azul, os tambores o vermello ou o piano o verde). Probouse en nenos e adolescentes.

Método por tacto miniatura|Unha persoa cega identificando unha flor coas súas cores Trátase dun sistema de identificación polo tacto, xa que logo, similar ao braille. Actualmente utilizado en talleres educativos e de lecer para a identificación da cor en obras de arte, que deben estar preparadas, é dicir, que teñan un relevo cos signos e, mellor, uns límites da cor e a tonalidade a identificar. É, a diferenza dos sistemas electrónicos, independente dun aparello ou dunha lingua. Desenvolvido por Constanza Bonilla (Sistema Constanz), identifica a cor polas cores básicas (amarelo: unha liña recta; vermello: unha liña en zigzag; azul: unha liña ondulada), ou na súa combinación (así o verde sería unha liña recta -amarelo- e unha liña ondulada -azul-), e por tonalidades (claro: unha redonda; escuro: un punto; moi escuro: catro puntos etc.).

Vida dos cegos miniatura|200px|Un semáforo con altofalantes para cegos. miniatura|200px|Un cego co seu can guía en Brasilia, no Brasil. Hai varios xeitos de minimizar os efectos negativos da cegueira para os que a sofren. Son exemplos os semáforo especialmente adaptados para eles, os cans guía ou o braille, un sistema de escritura baseado no tacto que lles permite ler. Así mesmo os avances tecnolóxicos procuraron diferentes aparellos que permite ás persoas cegas e con discapacidades visuales obter un nivel de integración na sociedade bastante alto. Así, por exemplo, o desenvolvemento de software e periféricos permite a estes interaccionar cos ordenadores e teléfonos. Varias adaptacións en obxectos cotiáns, os cales son adaptados para permitir a interpretación destes vía o tacto Tamén están presentes e tidos en conta pola sociedade, así diferentes moedas foron adaptadas para cegos como o euro etc.

Pedro Zurita, exsecretario xeral da Unión Mundial de Cegos durante 14 anos (1986-2000), nunha entrevista publicada no diario Avui o 16 de xuño de 2009, recalcaba: «Poderiamos dicir que a España é o país con maior número de ocupados cegos e co mellor xeito de crear esta ocupación» e « ... conseguiuse que a ocupación laboral en persoas que teñen idade de traballar sexa practicamente igual en persoas cegas que en persoas con visión».Diario Avui, 28 novembro do 2008: L'ocupació laboral dels cecs a l'Estat espanyol està pràcticament equiparada a la de les persones amb visió, entrevista amb Pedro Zurita

Durante o século XX a Unión Soviética tiña unha alta porcentaxe de cegos ocupados, xa que había moitas empresas que debían ter un 50% de persoas sen vista no seu persoal. Debido ao colapso desta e outras situacións, moitas persoas cegas quedaron sen traballo, o que produciu unha gran diminución no emprego deste colectivo.