Iván Ferreiro, nado en Nigrán o 15 de agosto de 1970, é un músico galego. Acadou sona por ser durante trece anos o cantante e líder do grupo pop-rock Los Piratas, do que tamén compuxo a maioría das cancións, e tamén pola súa carreira en solitario. A súa voz, peculiar e cun amplo rexistro, interpretou as cancións míticas deste grupo, como foron "Promesas que no valen nada", "Años 80" ou "Mi coco".

Traxectoria miniatura|Iván Ferreiro xunto ó seu irmán Amaro. Trala separación de Los Piratas a finais de 2003, Iván decidiu non afastarse do mundo da música, e comezou a tocar co seu irmán Amaro nun pub de Vigo, chamado El Ensanche. As actuacións celebrábanse tódolos mércores anunciadas como «Rai Doriva e As Ferreiro». Os irmáns Ferreiro facíanse pasar por dúas amas de casa (Ivonne e Tamara) que para perder o seu medo escénico acompañaban ó cantante portugués Rai Doriva, que porén nunca acudiu ós concertos. Pese a non facer publicidade, pronto moita xente soubo del e comezou a acudir ós concertos que semanalmente daban os irmáns Ferreiro, que máis tarde comezaron a actuar tamén en Nigrán (Pontevedra), versionando cancións de Los Planetas, Andrés Calamaro e Alaska y Dinarama entre outros.

Mentres, Iván Ferreiro continuaba creando temas e pronto tivo suficiente material como para editar un disco: Canciones para el tiempo y la distancia (2005), que o consagraría como cantante en solitario. Na súa xira Tournedo, coa que percorreron toda España, Iván tocou acompañado do seu irmán Amaro á guitarra e de Karlos Arancegui á batería.

En novembro de 2005, Iván ideou un proxecto chamado Laboratorio Ñ, consistente en reunirse con outros músicos e amigos durante dúas semanas nunha casa de Buenos Aires para crear entre todos novas canciones. Os acompañantes de Iván nesta experiencia foron Juan Aguirre e Eva Amaral (o dúo Amaral), Xoel López (cantante de Deluxe), Pereza, Quique González, así como varios artistas arxentinos.

O seu seguinte álbum de estudio, publicado a finais de outubro de 2006, titúlase Las siete y media e reúne oito cortes que o artista compuxo durante a súa xira "Tournedo 2006".

Amaro Ferreiro gravou en solitario un novo disco, xa á venda, co título de Laciudadelasagujas. Mentres, Iván gravou un novo disco chamado Mentiroso mentiroso, que saíu á venda o 25 de marzo de 2008, aínda que comezou a xira de presentación o 13 do mesmo mes.

En 2018 puxo voz a "Fariña", canción de apertura de Fariña (serie de televisión de Antena 3), en galego, unha lingua que non empregou demasiado ao longo da súa carreira. Vida persoal

En 2024 casou coa xornalista Noa García.

Discografía Álbums *Canciones para el tiempo y la distancia(2005)CD + DVD*Las siete y media(2006)EP*Mentiroso mentiroso(2008)*Mentiroso mentiroso en directo(2008)*Picnic extraterrestre(2010)*Confesiones de un artista de mierda(2011)*Val Miñor-Madrid. Historia y cronología del mundo(2013)*Casa(2016)*Cena recalentada(2018)*Trinchera pop(2023)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Iván Ferreiro Blog de Iván Ferreiro Grupo de seguidores de Iván Ferreiro

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1970