Aleksandr Vladimirovich Mostovoi (en ruso: Александр Владимирович Мостовой), nado en Lomonosov o 22 de agosto de 1968, é un exfutbolista ruso. Xogaba de centrocampista e pasou a maior parte da súa carreira no Celta de Vigo.

Biografía Militou no Spartak Moscova, en dous equipos franceses, o Caen e o Estrasburgo, no Benfica de Lisboa e, oito campañas, no Celta de Vigo onde rendeu a un nivel excepcional e gañou o alcume de "O Tsar de Balaídos".

No seu palmarés hai dúas ligas rusas, e unha liga e unha copa lusas. Da súa época no Celta de Vigo; destaca o seu temperamento e carácter gañador, que lle fixo vivir episodios polémicos. Alí, gañou a Copa Intertoto de 2000. É considerado o mellor xogador da historia do Celta de Vigo.

Celta de Vigo Fichou polo Celta de Vigo na tempada 1996–97 procedente do Estrasburgo. O Celta pagou polo traspaso 325 millóns de pesetas (1 950 000 € aprox.), debutando contra o Real Betis nun partido que gañaron os celestes (2–0). Militou oito tempadas no Celta, xogando 255 partidos de liga nos que anotou 55 goles. En competicións europeas apareceu nun total de 35 partidos, anotando 12 tantos.

Expulsión da Selección

Na Eurocopa de fútbol de 2004 Mostovoi foi expulsado da Selección de fútbol de Rusia polo seleccionador ruso Gueorgui Yártsev. Rusia perdera 1-0 contra España, á conclusión do partido Mostovoi fixo unhas declaracións nas que criticaba os métodos de preparación do equipo para a Eurocopa.

Fichaxe polo Alavés Despois de estar sete meses sen xogar e con 36 anos, en marzo de 2005 Mostovoi asina un contrato con Dmitry Piterman que o vincula co Deportivo Alavés ata final de temporada.

O seu primeiro e único partido no Alavés foi contra o Cádiz CF no que entrou no minuto 78 e nos doce que restaban máis os cinco de prolongación anotou o único gol do equipo no enfrontamento e estivo a piques de marcar o segundo coa testa, unha acción que suporía o empate (2–2). Finalmente, o Alavés perdeu ese encontro (1–3). O ruso, despois de preto de 30 días no equipo, fixo saber ós responsables do club a súa intención de abandonar o equipo alegando problemas nas costas.

Selección nacional miniatura|De esquerda a dereita, Víctor Fernández, Nicolás Pastoriza, Víctor López e Rafa Valero, na presentación do libro Diez años sin el 10 sobre Alexander Mostovoi.

Foi internacional en 65 ocasións. Xogando 15 partidos coa Selección de fútbol da Unión Soviética e os outros 50 coa Selección de fútbol de Rusia. O seu derradeiro partido coa seleción xogouno na Eurocopa do 2004 no cal perdeu 1-0 contra España.

Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol de 1994Estados UnidosPrimeira fase

Participacións en Eurocopas EurocopaSedeResultadoEurocopa de fútbol 1996InglaterraPrimeira faseEurocopa de fútbol 2004PortugalPrimeira fase

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga da URSSFC Spartak MoscovaRusia1987Liga da URSSFC Spartak MoscovaRusia1989SuperLigaBenficaPortugal1994Copa portuguesaBenficaPortugal1992

Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa IntertotoCelta de VigoVigo (España)San Petersburgo (Rusia)2000Copa Intertoto da UEFAStrasbourgAustria/Francia1995

Véxase tamén

Ligazóns externas Tódolos partidos internacionais de Mostovoi en www.rsssf.com

Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Futbolistas de Rusia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Spartak de Moscova Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do SM Caen Categoría:Xogadores do RC Strasbourg Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Unión Soviética Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Comunidade de Estados Independentes Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Rusia Categoría:Membros do Club Grigorii Fedotov