O Museo de Bergantiños é un museo etnográfico da comarca de Bergantiños. Está situado en Carballo, a carón da biblioteca municipal. O edificio, construído no século XIX, foi anteriormente cárcere e xulgado de primeira instancia de Carballo. Inaugurouse en 2002.
Nel móstrase unha exposición permanente en oito salas temáticas dedicadas á historia de Carballo, os recursos xeográficos, a economía, o patrimonio natural, a importancia da auga na zona (con e especial atención á lagoa de Baldaio), os montes, a relixiosidade, os produtos da zona, a fabricación do pan e a Alfredo Brañas. Existen ademais dúas salas destinadas a acoller exposicións temporais.
Véxase tamén Ligazóns externas O Museo de Bergantiños no sitio web do Concello de Carballo
Bergantiños Categoría:Carballo Categoría:Museos etnográficos de Galicia