Nuria Grandío López, coñecida nas redes como Konachadas, nada en Viveiro en 1996, é unha publicista e creadora de contido galega.
Traxectoria Naceu en Viveiro, na comarca da Mariña, e creceu en Lugo. Estudou Publicidade e Relacións Públicas no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. É cofundadora da axencia de publicidade Agencia trend., na cal traballa como diretora creativa desde 2020.
O seu proxecto persoal de creación de contido, Konachadas, comezou en 2021. Porén, foi a partir de 2023 cando comezou a dar un pulo constante á creación de vídeos en galego, chegando a superar os 20.000 seguidores en 2025.
Premios e recoñecementos Premio á Creación de Contido en Youtubeiras+ 2025
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes