The Summer I Turned Pretty é unha serie de televisión estadounidense creada pola autora Jenny Han para Amazon Prime Video. Baséase na súa triloxía de novelas The Summer I Turned Pretty, It's Not Summer Without You e We'll Always Have Summer. Lola Tung interpreta a Belly Conklin, unha adolescente involucrada nun triángulo amoroso cos irmáns Conrad e Jeremiah, interpretados por Christopher Briney e Gavin Casalegno, respectivamente.
A produción da serie de televisión comezou en 2021. Estreouse o 17 de xuño de 2022, e a primeira tempada consta de sete episodios. Antes mesma da estrea, a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se estreou o 14 de xullo de 2023, e consta de oito episodios. En agosto de 2023, a serie renovouse para a terceira tempada. A terceira e derradeira tempada, de 11 episodios, estreouse o 16 de xullo de 2025. Anunciouse unha longametraxe tras o remate da serie o 17 de setembro de 2025, e está previsto que sirva como continuación directa do final da serie.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2025