Óscar Castellano Zamora , máis coñecido como Chiqui, nado en Mérida o 7 de outubro de 1997, é un futbolista estremeño que xoga na posición de extremo. O seu equipo actual é a Asociación Deportiva Mérida da Primeira Federación.
Traxectoria Fillo de pais estremeños, con 2 anos trasladouse a vivir a Menorca, onde comezou a súa traxectoria deportiva no Atlético Villacarlos. En 2009 ingresou nas categorías inferiores do RCD Mallorca. Con 13 anos mudouse a Salceda de Caselas e foi fichado pola Unión Deportiva Santa Mariña, onde foi compañeiro de Brais Méndez. Concluída a súa formación, na tempada 2015/16 realizou o seu debut sénior co primeiro equipo.
No ano 2016 fichou polo Erizana Club de Fútbol. Durante a tempada 2017/18 xogou no Club Deportivo Choco. O 21 de xuño de 2018 pasou a formar parte do Arousa, tamén na Terceira División. O 18 de xullo de 2019 asinou un novo contrato co Club Deportivo Lugo e foi asignado inicialmente ao Polvorín Fútbol Club. O debut profesional de Chiqui tivo lugar o 8 de decembro de 2019, cando foi substituto de Tete Morente nun partido da Segunda División contra o Girona.
O 17 de setembro de 2020 anunciouse a cesión de Chiqui ao Marino de Luanco da Segunda División B. En xullo de 2021 fichou polo Coruxo Fútbol Club. Tras dúas tempadas no conxunto vigués, no verán de 2023 asinou polo Pontevedra Club de Fútbol. En xuño de 2025 foi anunciado como novo xogador do Mérida da Primeira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Chiqui en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Mérida Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Marino de Luanco Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Mérida AD