Felix Hall foi un home negro procendente de Alabama que, aos 19 anos, foi linchado, probablemente por outros soldados brancos en Fort Benning, Xeorxia, Estados Unidos. Hall ofreceuse como voluntario para afiliarse a unha unidade afroestadounidense que estaba a ser adestrada en Fort Benning. Hall foi visto vivo por última vez o 12 de febreiro de 1941, nun dos barrios brancos do forte. O seu corpo foi achado seis semanas despois, o 28 de marzo, colgado por unha soga atada a unha árbore nun barranco preto do río Chattahoochee.
Os asasinos nunca foron encontrados, e a evidencia suxire que o Exército ou o FBI non se esforzaron para descubrir aos culpables do asasinato de Hall. Os investigadores primeiro chamaron á morte un suicidio, a pesar de que as mans de Hall estaban atadas, e máis tarde chamárono un crime sexual. Dous sospeitosos principais foron identificados, os sarxentos Henry Green e James Carl Hodges. Hodges morreu en 1961. Nunha entrevista décadas despois, unha das súas fillas, Dorothy Carter, contou que non se sorprendería se o seu pai estivese involucrado, lembrando ao seu pai como un borracho violento que a golpeaba a ela e aos seus irmáns, e logo partiríase en bágoas. "Se un grupo se reunía, estaría xusto no medio del, dicindo: 'Vamos. Vamos.' Era un covarde. El non o fixo pola súa conta, pero se un grupo ía, el estaría xusto no medio del." Outro posible sospeitoso que nunca foi nomeado era o xefe branco de Hall nun serradoiro, Henry J. Smith, quen morreu en 1951. O día antes do linchamento de Hall, Smith presuntamente ameazouno de morte e díxolle que non volvese ao traballo ao día seguinte.
En 2021, instalouse unha placa na memoria de Hall en Fort Benning. O congresista Sanford D. Bishop Jr., quen representa ao distrito onde se atopa Fort Benning, dixo: "Este monumento lémbranos o noso deber de asegurar a igualdade e a xustiza para todos aqueles que seguen os pasos do soldado raso Hall ao servizo da nosa nación"
Notas
Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en 1922 Categoría:Racismo nos Estados Unidos de América