Iriome é un nome propio masculino de orixe guanche, tradicional das Illas Canarias.

En xaneiro de 2025 existían 328 varóns en España co nome Iriome, cunha media de idade de 15,1 anos.Nome Iriome na Web do Instituto Nacional de Estatística

Orixe e significado O nome Iriome procede da lingua dos guanches, pobo aborixe das Canarias antes da conquista castelá no século XV. Aínda que o seu significado exacto non está documentado con certeza debido á escaseza de fontes escritas da lingua guanche, popularmente interprétase como “harmonía" e "tranquilidade”.

Iriome é un exemplo da recuperación e revalorización da onomástica guanche que tivo lugar a partir do século XX, cando moitas familias canarias comezaron a escoller nomes de orixe prehispánica como sinal de identidade cultural.

Persoas coñecidas Iriome González (1987-), futbolista canario.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Guanches Illas Canarias

Categoría:Nomes masculinos guanches