Bad Witch é o noveno álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicado o 22 de xuño de 2018 a través dos selos The Null Corporation e Capitol Records. É o último dunha triloxía de lanzamentos, despois dos seus dous EPs anteriores, Not the Actual Events (2016) e Add Violence (2017). Do mesmo xeito que os lanzamentos anteriores da triloxía, foi producido por Trent Reznor e Atticus Ross, sendo o primeiro álbum de estudio da banda dende Year Zero de 2007 que non foi coproducido por Alan Moulder, a quen se lle atribúe a mestura do álbum.
O disco afástase do estilo previo de Nine Inch Nails, especialmente pola inclusión de interpretacións de saxofón por parte de Reznor. O álbum lembra (e está influenciado) ao último álbum de estudio de David Bowie, Blackstar, con Reznor colaborando con Bowie na década de 1990 e citando a Bowie como unha das súas principais influencias. Con pouco máis de 30 minutos de duración, o disco é o lanzamento máis curto de Nine Inch Nails. A xira Cold and Black and Infinite North America 2018 Tour anunciouse xunto co lanzamento do álbum para promocionalo, ademais do único sinxelo do mesmo, "God Break Down the Door".
Tras o seu lanzamento, Bad Witch recibiu críticas xeralmente positivas, que aplaudían as súas influencias e a súa produción; algúns críticos cualificárono como o mellor traballo da banda nunha década. O álbum alcanzou o número 12 nos Estados Unidos e no Reino Unido, así como o top 5 de varias listas da Billboard.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Nine Inch Nails Categoría:Álbums musicais de 2018 Categoría:Álbums producidos por Trent Reznor Categoría:Álbums producidos por Atticus Ross Categoría:Álbums de Capitol Records