Ivet Núñez Pinar, coñecida como Ivet Núñez, nada en Barcelona en 1999, é unha xornalista e escritora residente en Lugo.
Traxectoria
Os seus avós eran de Pumarín. Fixo o grao de xornalismo na Blanquerna URL. Traballou de xornalista en La Voz de Galicia e El Progreso.
Debutou na novela negra con Tras la niebla: dous asasinatos en Lugo no Arde Lucus.
Obras
Ventanas a la infancia (2022). ASTE Barcelona. Con Aitana Palomar S. Tras la Niebla (2023). Ed. Autografía. 296 páxs. ISBN 978-8410047570. Entre la lluvia (2024). Ed. Autografía. 278 páxs. ISBN 978-8410430082. O secuestro dun cativo, entre Lugo e Os Ancares. Los oiréis sufrir (2025). Publicación independente. ISBN 979-8-3127-1404-3. O achado dun cadáver brutalmente mutilado baixo unha das portas da muralla de Lugo sume a Sabela Novoa na súa primeira investigación como xefa da unidade de delitos violentos. Roto desde la cuna (2026). Click Ediciones. 320 páxs. ISBN 978-84-08-31629-9. Varios asasinatos en Galicia. Continúa a investigadora Sabela.
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Novelistas Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1999 Categoría:Xornalismo en Galicia