Julen Jon Guerrero Landabaso, nado en Bilbao o 14 de abril de 2004, é un futbolista vasco que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Getafe Club de Fútbol B da Segunda Federación.

Traxectoria en clubs Real Madrid Tras formarse na base do Málaga Club de Fútbol, en 2017 ingresou nas categorías inferiores do Real Madrid. A pesar de ser centrocampista, Guerrero destacou por ser un goleador prolífico no equipo xuvenil do Madrid; na tempada 2020/21 conseguiu anotar en oito partidos consecutivos. En outubro de 2021 foi considerado por The Guardian como un dos mellores talentos xuvenís do mundo.

O 12 de xaneiro de 2023 anunciouse a cesión de Guerrero á Sociedad Deportiva Amorebieta da Primeira Federación. O seu debut sénior tivo lugar dez días despois, cando foi substituto de Rayco Rodríguez nun partido contra o Club Deportivo Numancia. O 12 de febreiro anotou o seu primeiro gol sénior nun empate 1-1 perante o Barcelona Atlètic. Durante a tempada 2022/23 marcou outros tres tantos e contribuíu a alcanzar o ascenso do Amorebieta á Segunda División.

En xullo de 2023 Guerrero comezou unha cesión no conxunto xuvenil da AS Roma con opción de compra. En xaneiro de 2024, despois de non ser convocado no primeiro equipo polo adestrador José Mourinho, Guerrero concluíu a súa estadía no club italiano.

Alavés O 11 de xaneiro de 2024, tras finalizar a cesión na Roma, Guerrero marchou do Real Madrid e asinou un contrato até 2025 co Deportivo Alavés, sendo asignado inicialmente ao Deportivo Alavés B da Segunda Federación. O 30 de agosto de 2024 foi cedido ao Amorebieta. Regresou ao Alavés B en xaneiro de 2025 e permaneceu no club vasco até a súa saída o 24 de xuño dese ano.

Arenteiro O 2 de setembro de 2025 Guerrero foi fichado polo Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación.

Getafe O 7 de febreiro de 2026 fíxose oficial a incorporación de Guerrero no Getafe Club de Fútbol B da Segunda Federación.

Traxectoria internacional Guerrero foi internacional coa selección española sub-15, sub-16 e sub-18. No caso do conxunto sub-18, o 8 de outubro de 2021 anotou un triplete perante Turquía e dous días despois marcou outro gol contra Romanía.

Vida persoal Julen Jon Guerrero é fillo de Julen Guerrero, xogador histórico do Athletic Club. O seu tío, José Félix Guerrero, tamén era futbolista e centrocampista.

Palmarés Amorebieta Primeira Federación: 2022–23

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Julen Jon Guerrero en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do Getafe CF B