dereita|miniatura|O foguete espacial Atlantis sendo lanzado na misión STS-71. Necesita conseguir a velocidade de escape para conseguir abandonar a Terra.

A velocidade de escape é aquela que necesita calquera corpo, incluída a luz, para escapar da atracción gravitacional da Terra, ou calquera outro obxecto de gran masa; e desprazarse no espazo seguindo unha traxectoria parabólica e conseguir chegar a unha hipotética distancia infinita con velocidade cero. A velocidade de escape na superficie da Terra é de 40 320 km/h, o que equivale a 1,12·10⁴ m·s⁻¹.

A velocidades inferiores o vehículo espacial converteríase nun satélite artificial en órbita elíptica arredor do obxecto que o atraia.

Para calcular a velocidade de escape, úsase a seguinte expresión:

na cal: Ve = Velocidade de escape. G = Constante da gravitación universal (6,672 × 10-11 N m2/kg2). M = Masa do corpo celeste (planeta, satélite ou estrela). R = raio do corpo celeste.

Velocidade de escape dos planetas do sistema solar

Planeta Velocidade de escape na superficie</td></tr> Mercurio 4,435 km/s Venus 10,4 km/s Terra 11,2 km/s Marte 5,04 km/s Xúpiter 59,5 km/s Saturno 35,6 km/s Urano 21,3 km/s Neptuno 23,3 km/s

Velocidade de escape dos planetas ananos do sistema solar Planeta anano Velocidade de fuga na superficie</td></tr> Ceres 510 m/s Plutón 1,3 km/s Eris descoñecida

Nomes relacionados Primeira velocidade cósmica Terceira velocidade cósmica

Categoría:Mecánica celeste Categoría:Astrodinámica Categoría:Velocidade