Luis Boullosa, nado en Madrid o 16 de xuño 1975, é un escritor, xornalista cultural, músico, fotógrafo e artista plástico español.

Traxectoria

Naceu en Madrid pero criouse en Galicia. É licenciado en Dereito, que non exerceu, cun mestrado de xornalismo de El País/UAM.

Colaborou nos medios Ruta 66, El Confidencial, Eldiario.es, Nuebo, Rock I+D, Revista Paco (Arxentina), Perfect Sound Forever (EE.UU), Fiat Lux, FronteraD, Arraianos, La Razón... Fundou as revistas Kaput (blog Kaput Magazine en 2006) e Karate Press (cultura alternativa). Impartiu cursos sobrea relación entre mito e poesía, Bob Dylan, a pervivencia de arquetipos mitolóxicos na música underground contemporánea etc.

É crítico musical, editou varios discos indo desde o rock & roll cara a un mapa sonoro de cariz máis experimental. Tocou con Gog y las hienas telepáticas e participa nos proxectos de gravación Broke Lord e Digital Mother, nos que exerce como compositor, baixista e cantante.

Nos seus ensaios explora a relación entre a música, a literatura e a creación de mitoloxías modernas dentro do espazo da cultura pop contemporánea.

Vida persoal miniatura|Con Elvira Jardón e Cynthia Menéndez na Libraría Paz de Pontevedra en 2026. É parella da escritora e fotógrafa Elvira Jardón.

Obras

El puño y la letra. Creación literaria y rock & roll underground (2013). 66RPM. 272 páxs. ISBN 978-84-941250-2-7. Santos y francotiradores. Supervivencia, literatura y Rock and Roll (2016). 66RPM. 398 páxs. ISBN 978-84-945330-5-1. Diez maneras de amar a Lana Del Rey. Una investigación pop (2022). Liburuak. 202 páxs. ISBN 978-84-19234-03-2.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista en revistapaco.com en 2014 Entrevista en pontevedraviva.com en 2022 Entrevista ruta66.es en 2024

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1975 Categoría:Músicos de España Categoría:Xornalistas de España Categoría:Fotógrafos de España