Eva González Fernández, nada en Palacios del Sil o 17 de xaneiro de 1918 e finada na mesma localidade o 25 de xuño de 2007, foi unha escritora en lingua leonesa. A súa infancia e mocidade víronse moi afectadas pola guerra civil, tal e como relata na súa autobiografía Hestoria de la mia vida.

Traxectoria Escritora serodia, comezou a escribir en colaboración co seu fillo, Roberto González-Quevedo, seguindo o esquema, métrica, estilo e ritmo da tradición oral leonesa. Posteriormente, a súa obra narrativa e poética deveu máis intimista e persoal. A súa vasta produción publicouse na súa totalidade, agás as súas cartas e as súas achegas ó romanceiro.

Publicacións En colaboración co seu fillo Poesías ya cuentus na nuesa tsingua (1980) Poesías ya hestorias na nuesa tsingua (1980) Bitsarón: Cousas pa nenus ya pa grandes na nuesa tsingua (1981) Xentiquina (1983) Xeitus: poesías ya cuentus (1985) Brañas d’antanu ya xente d’anguanu: poesías ya cuentus (1990). Poesías ya cuentus na nuesa tsingua, edición facsimilar de toda a serie (2007)

En colaboración con outros autores Cuentus de Nós (1983) Cuentos de Lleón (1996) El cuentu asturianu tres la guerra (1998)

Compilacións e autobiografía Poesía completa (1980-1991) (1991) Cuentos completos (2008) Hestoria de la mia vida (2018)

Etnografía e filoloxía Pequena enciclopedia de nós (2011)

Recoñecementos Leva o seu nome unha rúa na cidade de León.

Véxase tamén Ligazóns externas El Llirismu Popular d'Eva González, por Xosé Lluís Campal (en asturiano) La poesía de Eva González (video)

Categoría:Escritores en lingua asturiana

Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Personalidades sen imaxes