Eojjeolsugaeopda (en ) é un filme surcoreano de 2025 coescrito, producido e dirixido por Park Chan-wook. Baséase na novela The Ax de Donald Westlake, e está protagonizado por Lee Byung-hun, Son Ye-jin, Park Hee-soon, Lee Sung-min, Yeom Hye-ran e Cha Seung-won. É a segunda adaptación da novela, logo do filme en lingua francesa de 2005 Le Couperet dirixido por Costa-Gavras, a quen está dedicada Eojjeolsugaeopda nos créditos finais. O filme segue a un experto desesperado na industria papeleira que decide acabar coa súa competencia para asegurarse o traballo que busca e manter o seu estilo de vida.
Estreouse mundialmente na competición principal da 82ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 29 de agosto de 2025, onde recibiu eloxios da crítica. Na 83ª edición dos Globos de Ouro, foi nomeado nas categorías de mellor filme (musical ou comedia), mellor filme en lingua estranxeira e mellor actor nun filme (musical ou comedia) (Lee Byung-hun). Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Lee Byung-hun como Yoo Man-su Son Ye-jin como Lee Mi-ri Park Hee-soon como Choi Seon-chul Lee Sung-min como Goo Beom-mo Yeom Hye-ran como Lee A-ra Cha Seung-won como Ko Si-jo Yoo Yeon-seok como Oh Jin-ho
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Park Chan-wook Categoría:Filmes ambientados en 2023 Categoría:Filmes ambientados en 2024 Categoría:Filmes de CJ Entertainment