Love Chant é o álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo The Lemonheads, publicado o 24 de outubro de 2025 a través do selo Fire Records. É o primeiro disco da banda con material orixinal en case 20 anos, tras o lanzamento de The Lemonheads en 2006.

Love Chant foi gravado principalmente no Brasil, a onde se mudou o líder Evan Dando, e foi producido polo multiinstrumentista brasileiro Apollo Nove. No traballo participan varios músicos que xa colaboraran anteriormente con Dando na banda, como J Mascis (Dinosaur Jr), Juliana Hatfield e Tom Morgan, e tamén colaboran o produtor Bryce Goggin (Pavement, Antony and the Johnsons), Erin Rae de Nashville, John Strohm de Blake Babies e Nick Saloman de The Bevis Frond. Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Lemonheads Categoría:Álbums musicais de 2025 Categoría:Álbums de Fire Records