O río da Chanca é un curso fluvial galego. Nace na parroquia da Armenteira (Meis) e desemboca na ría de Arousa á altura de Ponte Dena.

Percorrido

O río nace a carón das aldeas do Leixo e Valboa e vai cara ás parroquias de Simes, Lores e Dena. Ao longo do percorrido hai diversos muíños, algúns deles restaurados. Destaca o muíño do Pontilllón, con cubo de forma cilíndrica con aros de pedra superpostos. No tramo superior abondan as árbores caducifolias, mentres que no tramo inferior abondan os viñedos.

Existe unha ruta de sendeirismo que percorre o río dende a súa desembocadura até o mosteiro de Santa María da Armenteira. Notas

Categoría:Meaño

Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra