Zijing 1, tamén coñecido como ZJ 1, foi un picosatélite (satélite extremadamente pequeno) chinés lanzado o 19 de setembro de 2015 mediante un foguete CZ-6 desde o Centro de lanzamento de Taiyuan para facer probas en órbita.
Características ZJ 1 tiña unha masa de só 234 gramos e foi desenvolvido e construído pola Universidade de Tsinghua. Iba á súa vez a bordo do satélite Naxing 2, desde onde foi despregado unha vez en órbita. O seu obxectivo era avaliar microcámaras con sensores CMOS, magnetómetros e voo en formación co satélite Kongjian Shiyan 1, así como comunicacións entre satélites. O satélite acabou reentrando na atmosfera terrestre.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CZ-6
Categoría:Satélites artificiais