Gastón Nicolás Reniero, nado en Villa del Rosario (Entre Ríos) o 18 de marzo de 1995, é un futbolista arxentino que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.
Traxectoria San Lorenzo de Almagro e Club Almagro Reniero comezou a súa traxectoria deportiva no San Lorenzo de Almagro. En agosto de 2016 foi cedido ao Club Almagro da Primera Nacional. O debut sénior de Reniero tivo lugar o 14 de setembro de 2016, cando participou nun encontro da Copa Argentina contra o Club Deportivo Juventud Unida. Tres días despois alcanzou a súa estre profesional nun partido do Almagro perante o Independiente Rivadavia. O 20 de setembro anotou o seu primeiro gol contra o Santamarina para unha vitoria por 2-1. En total, Reniero sumou 39 participacións e 15 goles para o Club Almagro, incluído un triplete contra o Atlético Paraná.
Reniero regresou ao San Lorenzo para a tempada 2017/18. O 15 de agosto de 2017 anotou o seu primeiro gol oficial co primeiro equipo nun partido de Copa contra o Club Cipolletti. O 27 de agosto alcanzou o seu debut na Primeira División da Arxentina nun encontro perante o Racing Club.
Racing Club En agosto de 2019 anunciouse o traspaso de Reniero ao Racing Club. En 2021 foi cedido ao Argentinos Juniors por unha tempada. No ano 2023 comezou outra cesión no Club Atlético Tigre. En decembro de 2024 finalizou a súa vinculación co Racing Club.
Lugo O 8 de xaneiro de 2025, xa como axente libre, Reniero fichou polo Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Nicolás Reniero en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados na provincia de Entre Ríos Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do Club Almagro Categoría:Xogadores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Personalidades sen imaxes