Tomé, nado en Palestina e finado talvez na India no século I, foi un dos doce apóstolos, probablemente era un pescador. É venerado como santo pola Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e polas igrexas ortodoxas orientais.

Segundo parece o seu nome era Xudas (en arameo, Yəhudah). O feito máis coñecido de Tomé atópase no Evanxeo segundo San Xoán 20, 24-29, onde, incrédulo, nega a resurrección de Cristo ata que non meter as mans nas furas que os cravos fixeran no corpo de Cristo. Segundo a tradición predicou en Siria, Partia e a India, onde foi a orixe da Igrexa Malabar e foi executado o 3 de xullo do 72 na India.

Véxase tamén

Outros artigos Tomé (nome) Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé

Ligazóns externas Tomé apóstolo

Categoría:Apóstolos Categoría:Finados en 72 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia