Antonio Diéguez Blanco, nado en Freixido de Arriba (Larouco) o 3 de outubro de 1913 e finado no campo de concentración de Gusen o 3 de xaneiro de 1942, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis. miniatura|Ficha de Antonio en Gusen riscada. Traxectoria Procedente das Milicias, durante a guerra civil española pertenceu á 33ª Brigada Mixta do Exército Popular da República, como xefe do 132º batallón, que tivo un papel protagonista na batalla do Ebro e na campaña de Cataluña. En xullo de 1938 foi ascendido a capitán de infantaría. miniatura|Aviso de deceso enviado polo Goberno francés á familia de Antonio. O 23 de xaneiro de 1939 concedéronlle a Medalla da Segunda Guerra da Independencia do Exército da República na guerra civil española, de carácter honorífico.

Os superviventes da brigada pasaron a Francia en febreiro de 1939. Feito prisioneiro polos alemáns, estivo detido no Stalag XII D Tréveris, antes de ingresar en Mauthausen o 25 de xaneiro de 1941, co número 3216. Foi trasladado a Gusen o 21 de xuño de 1941, co número 12397.

No rexistro da morte feito no campo clasifícase como 'traballador' de profesión, de relixión católica e de estado civil solteiro.

O 21 de xuño de 1950 as autoridades francesas remitiron o aviso de deceso de Antonio ao seguinte enderezo: Monsieur Pedro Diéguez, calle del Ave María, II, Madrid.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en Larouco Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis