Émile Caron, nado en Saint-Quintin, Aisne, o 9 de xullo de 1823 e finado en París o 1 de marzo de 1911, foi un numismático francés.
Traxectoria Émile Jean Louis Caron naceu o 9 de xullo de 1823 en Saint-Quintin, Aisne."Émile Caron (1823-1911)". Bibliothèque nationale de France (data.bnf.fr)."Caron, Émile Jean Louis". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr). Blanchet, A. (1912). Páxina 86.
Logo de cursar estudos superiores de Dereito, dos que se graduou en 1845,"Caron, Emile (1823-1911)". Persee.fr exerceu como avogado en París entre 1852 e 1874, e foi secretario e logo membro honorario da Compañía de Avogados. Tamén foi concelleiro e tenente de alcalde no 9º distrito de París.Blanchet, A. (1912). Páxina 87.
Caron foi ademais un numismático especializado nas emisións monetarias da Idade Media Francesa. A súa obra máis sobranceira neste ámbito, na que traballou durante dúas décadas, foi un tratado sobre as moedas feudais francesas publicado en 1882 que achega luz sobre a historia numismática de certas zonas ata a época pouco coñecida, como Bretaña e Borgoña.Roman, J. (1911). Páxina III.
Caron foi un dos primeiros membros da Sociedade Francesa de Numismática e un asiduo colaborador da súa revista. Exerceu a presidencia desta entidade en dous períodos, entre 1892 e 1893, e entre 1894 e 1895."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). Tamén pertenceu a outras sociedades eruditas, entre elas a Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia,Roman, J. (1911). Páxina IV. a Sociedade de Historia de París e da Illa de Francia, e a Sociedade de Amigos dos Monumentos Parisienses.
Igualmente, foi coleccionista de moedas, inicialmente medievais francesas e despois tamén gregas e romanas.Marlis; Feuardent. (1911). Collection Émile Caron. Monnaies grecques, romaines, françaises, royales et seigneuriales, jetons, médailles, antiquités, livres de numismatique et d'histoire. París.
Caron foi recoñecido co nomeamento de Cabaleiro da Lexión de Honra. Finou en París o 1 de marzo de 1911.
Escolma de publicacións
Monografías (1882). Monnaies féodales françaises. Rollin et Feuardent, París. (1889). Les monnaies de Roquefeuil. Protat Frères, París.
Artigos (1886). "Les mosaïques et les peintures de la mosquée de Kahrié-Djami, à Constantinople". En Bulletin Monumental Nº 52. Páxinas 384-392. (1895). “Une singulière trouvaille à Jérusalem. Notes de voyage”. En Revue belge de numismatique. Vol. LI. Páxinas 238-241. (1907). “Demi-plaque d’Edouard II, comte de Bar, aux armes de Bar et de Flandre”. En Revue belge de numismatique. Vol. LXIII. Páxinas 304-307.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Blanchet, A. (1912). "Émile-J eau-Louis Caron". En Bulletin de la Société de l'histoire de Paris et de l'Île-de-France. Ano 39º. Páxinas 86-87. Roman, J. (1911). "M. Émile Caron (1823-1911)". En Marlis; Feuardent. Collection Émile Caron. Monnaies grecques, romaines, françaises, royales et seigneuriales, jetons, médailles, antiquités, livres de numismatique et d'histoire. París. Páxinas III-VI
Categoría:Nados en 1823 Categoría:Nados no departamento de Aisne Categoría:Finados en 1911 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Coleccionistas Categoría:Avogados de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Personalidades sen imaxes