Edgar Climent Pujol Portorreal, nado en Sabadell o 7 de agosto de 2004, é un futbolista que xoga na posición de defensa. O seu equipo actual é o Racing de Ferrol da Primeira Federación. Nado en Cataluña, é internacional coa selección de fútbol da República Dominicana.

Traxectoria en clubs

Primeiros anos Pujol comezou a súa formación nas categorías inferiores de diferentes clubs cataláns, incluído o CE Sabadell FC e o RCD Espanyol.

Real Madrid No ano 2019 ingresou na estrutura de base do Real Madrid. O debut sénior de Pujol no Real Madrid Castilla tivo lugar o 18 de decembro de 2021, cando participou nun partido da Primeira Federación contra o Betis Deportivo Balompié. Na tempada 2022/23 foi promovido definitivamente ao primeiro filial polo adestrador Raúl González. O 25 de xaneiro de 2023 renovou contrato co Real Madrid até 2027.

Racing de Ferrol En xullo de 2025 pasou a formar parte do Racing de Ferrol da Primeira Federación.

Traxectoria internacional Nado en Sabadell con ascendencia dominicana, Pujol comezou a súa traxectoria internacional nas categorías inferiores da selección española. En marzo de 2024 Pujol foi convocado polo adestrador Ibai Gómez para xogar na selección de fútbol sub-23 de República Dominicana e participar nos Xogos Olímpicos de 2024. Pujol debutou coa selección absoluta o 6 de xuño de 2025, cando xogou nun partido da República Dominicana contra Guatemala como parte das fases de clasificación para o Mundial de Fútbol de 2026.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Edgar Pujol Perfil en LaPreferente.com Edgar Pujol Perfil no Comité Olímpico Internacional

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Futbolistas da República Dominicana Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19