José Manuel Losada, nado en Zamora en 1962, é catedrático da Universidade Complutense de Madrid e teórico literario especializado nos campos de mitocrítica e literatura comparada, sobre os cales escribiu e editou numerosos libros e artigos en español, francés e inglés.

Traxectoria

Carreira académica Doutor pola Universidade da Sorbona (1990) e habilitado como Director de Investigación (HDR) pola Universidade de Nancy II (1999), José Manuel Losada foi Profesor Adxunto na Universidade de Navarra, e foi profesor visitante na Universidade de Harvard, na Universidade de Montreal e na Universidade de Oxford, e investigador no St John's College (Oxford) e na Universidade de Durham e na Universidade de Sofía.

Tamén impartiu seminarios de máster e doutoramento nas universidades de Xerusalén, Montpellier, Münster, Múnic (LMU), Valencia, Guadalaxara (México) e Tunes, Islandia, Sofía, Versalles e Atenas. Desde 2000, exerce a súa docencia na Universidade Complutense de Madrid, onde imparte clases de Literatura francesa, Literatura comparada e Ciencias das Relixións.

J.M. Losada foi fundador e editor, dende 2008, de Amaltea, revista de mitocrítica, unha prestixiosa revista enfocada á análise da recepción dos mitos antigos, medievais e modernos na literatura e as artes contemporáneas. Tamén foi fundador e presidente de Asteria, asociación internacional de mitocrítica, unha asociación cultural sen ánimo de lucro enfocada á promoción da investigación sobre os mitos na literatura e as artes contemporáneas. Ademais, Losada fundou e dirixiu Acis, grupo de investigación de mitocrítica, que agrupa a numerosos profesores e doutorandos interesados pola análise dos mitos na actualidade dende unha óptica interdisciplinar. Como investigador principal de varios proxectos I+D de investigación en mitocrítica, Losada coordinou numerosos congresos internacionais, actividades de divulgación (“Paseos mitolóxicos” durante a Semana da Ciencia de Madrid) e certames de creación plástica e mitoloxía.

Entre a súa produción académica inclúense unha vintena de libros e douscentos artigos publicados en libros e revistas especializadas.

Mitocrítica cultural Losada define o mito como “unha narrativa funcional, simbólica e temática de un ou varios eventos extraordinarios cun referente transcendente, sobrenatural sagrado aos que lles faltan, nun principio, un testimuño histórico e que se refiren a un individuo ou colectivo e remitentes a unha cosmogonía ou escatoloxía pero sempre absolutas”.

A mitocrítica (termo acuñado por Gilbert Durand) é o estudo dos mitos; a maior aportación de Losada á teoría literaria consiste na actualización da hermenéutica e da metodoloxía destes estudos na mitocrítica cultural.

A mitocrítica cultural fai particular fincapé na transcendencia sobrenatural sagrada do mito. Losada expón en numerábeis textos as diferenzas entre esta transcendencia e a transcendencia que opera noutros correlatos do imaxinario (fantasía, ciencia ficción e esoterismo). Desmárcase plenamente tamén dos acercamentos parciais e texiversadores do mito (manifestación de complexos psicanalíticos ou deformacións sociais: Freud, Barthes, etc.). Segundo Losada, só hai mito cando, nunha obra de ficción, dúas personaxes, unha do mundo sobrenatural sagrado e outra dun mundo similar ao do mundo natural, entran en contacto.

Esta hermenéutica (“o mito coma obxecto”, o “valor” na cultura e na interpretación textual) permite ao investigador evitar acercamentos reductores do mito. En efecto, Losada considera que á aplicación indiscriminada dunha serie de factores configuradores da sociedade occidental contemporánea (a globalización social e técnica, a “dóxa” do relativismo democrático e consumista, e a lóxica da inmanencia vital e reflexiva) pode desorientar aos críticos que se achegan ao mito. Consciente e “amante” do mundo actual, Losada propón ter en conta estes factores coma punto de referencia e contraste para un estudo autenticamente académico do mito. Sen perder de vista os avances do pasado e rexeitando todo servilismo respecto a outras disciplinas (antropoloxía, socioloxía, psicoanálisis), esta novedosa mitocrítica desenvolve unha epistemoloxía encamiñada a explicar unha realidade imaxinaria e global, así coma comprender a auténtica mensaxe dos mitos no contexto cultural contemporáneo. Esta disciplina resulta das principais premisas hermenéuticas asumidas por J.M. Losada:

1. A definición de mito e exposición da súa estrutura a base de mitemas. A mitocrítoca esixe a asunción previa dunha definición do mito válida para todos os casos (doutro modo, adaptar a definición a cada caso implica “xogar coas cartas marcadas”). O mitema é a unidade temática e mitolóxica mínima cuxa indispensábel dimensión transcendente ou sobreatural capacítao para interactuar con outros mitemas na formación dun mito.

2. A propiedade terminolóxica conducente a distinguir:

O mito doutras ferramentas alleas: símbolo, tema, arquetipo, prototipo, heroe, etc. O mito doutros correlatos do imaxinario: esoterismo, fantasía, ciencia ficción. O mito de pseudomitos, é dicir, de personaxes históricos mitificados ou sublimaciones sociais e políticas.Losada, José Manuel (2016). «El mundo de la fantasía y el mundo del mito. Los cuentos de hadas». Çédille. Revista de Estudios Franceses 6: 69-100. ISSN 1699-4949.J.M. Losada y A. Lipscomb, ed. (2021). Mito y ciencia ficción. Madrid: Sial Pigmalión. ISBN 978-84-18888-12-0.

A mitocrítcica cultural demostrouse particularmente apta para a análise dos mitos na nosa época, cuxo estudo difire considerabelmente do realizado ata a actualidade. Moitos investigadores seguiron estes principios metodolóxicos para abordar unha análise e unha síntese novedosas dos relatos míticos.

Obras destacadas

Libros

1993: Tirso, Molière, Pouchkine, Lenau. Analyses et synthèses sur un mythe littéraire. Editado con Pierre Brunel, París, Klincksieck. ISBN 2252029390. 1997: Bibliography of the Myth of Don Juan in Literary History, José Manuel Losada ed. Lexington (NY): Edwin Mellen. ISBN 0773484507. 1999: Bibliographie critique de la littérature espagnole en France au XVIIe siècle. Présence et influence, Ginebra (Suiza): Droz. ISBN 2600003134. 2010: Métamorphoses du roman français. Avatars d’un genre dévorateur, José Manuel Losada ed. Lovaina (Bélgica): Peeters. ISBN 9789042922013. 2010: Mito y mundo contemporáneo. La recepción de los mitos antiguos, medievales y modernos en la literatura contemporánea. Bari (Italia): Levante Editori. ISBN 9788879495479. 2012: Myth and Subversion in the Contemporary Novel. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing. Editado con Marta Guirao. ISBN 1443837466. 2013: Mito e interdisciplinariedad. Los mitos antiguos, medievales y modernos en la literatura y las artes contemporáneas. Bari (Italia): Levante Editori. Editado con Antonella Lipscomb. ISBN 9788879496230. 2014: Abordajes. Mitos y reflexiones sobre el mar. José Manuel Losada ed., Madrid: Instituto Español de Oceanografía. ISBN 9788495877512. 2014: Victor Hugo et l’Espagne. L’imaginaire hispanique dans l’œuvre poétique. Con la colaboración de André Labertit, París, Honoré Champion. ISBN 9782745326980. 2015: Myths in Crisis: The Crisis of Myth. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing. Editado con Antonella Lipscomb. ISBN 9781443878142. 2015: Nuevas formas del mito, José Manuel Losada ed. Berlín: Logos Verlag. ISBN 9783832540401. 2016: Mitos de hoy. Ensayos de mitocrítica cultural, José Manuel Losada ed., Berlín, Logos Verlag. ISBN 9783832542399. 2017: Myth and Emotions, Newcastle Upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing. Editado con Antonella Lipscomb. ISBN 9781527500112. 2019: Myth and Audiovisual Creation, Berlín: Logos Verlag. Editado con Antonella Lipscomb. ISBN 9783832549664. 2021: Mito y ciencia ficción, Madrid: Sial Pigmalión. Editado con Antonella Lipscomb. ISBN 9788418888120. 2022: El Jardín de las Hespérides: del mito a la belleza, José Manuel Losada ed. Madrid: Ediciones Complutense. ISBN 9788409368556. 2022: Mitocrítica cultural. Una definición del mito, Madrid: Akal. ISBN 9788446052678. 2024: Mito: teorías de un concepto controvertido, José Manuel Losada y Antonella Lipscomb (eds.), Madrid, Sial Pigmalión , 131 pp. ISBN 9788419928030. 2024: Mythical Narratives in Comparative European Literature / Le récit mythique dans la littérature européenne comparée, CompLit. Journal of European Literature, Arts and Society, Asun López-Varela y José Manuel Losada (dir.), 7, París, Classiques Garnier, 236 p. ISSN 27802523. ISBN 9782406169697.

Artigos

1989. “Calderón de la Barca: El laurel de Apolo”. Revista de Literatura (Madrid), 51: 485-494. ISSN 0034-849X. 2004: “The Myth of the Fallen Angel. Its Theosophy in Scandinavian, English, and French Literature”. Nonfictional Romantic Prose. Expanding Borders, Steven P. Sondrup & Virgil Nemoianu eds. Ámsterdam / Philadelphia (PA): John Benjamins: 433-457. DOI: 10.1075/chlel.xviii.34los. ISBN 9027234515 2008: “Victor Hugo et le mythe de Don Juan”, Don Juans insolites, Pierre Brunel ed. París : Presses de l’Université Paris-Sorbonne: 79-86. ISBN 9782840505679 2009: “La nature mythique du Graal dans Le Conte du Graal de Chrétien de Troyes”. Cahiers de Civilisation Médiévale (Poitiers), 52,1 (2009): 3-20. ISSN 0007-9731. 2014: “Myth and Extraordinary Event”. International Journal of Language and Literature. New York: pp. 31 – 55. Enlace 2015: “Myth and Origins: Men Want to Know”, Journal of Literature and Art Studies. New York, vol. 5, n.º 10, pp. 930-945. ISSN 2159-5836 (impreso) ISSN 2159-5844 (online). Enlace 2016: “El mundo de la fantasía y el mundo del mito. Los cuentos de hadas”, Çédille, “Monografías”, 6: 69-100. ISSN 1699-4949. Enlace 2017: “El «mito» de Don Quijote (2ª parte): ¿con o sin comillas? En busca de criterios pertinentes del mito”, Cervantès, quatre siècles après: nouveaux objets, nouvelles approches, Emmanuel Marigno et al. eds., Binges (Francia): Éditions Orbis Tertius: 11-32. ISBN 9782367830957 2018: “Le personnage mythique”, Degrés. Revue de synthèse à orientation sémiologique (Bruselas), 45: c1-c18. ISSN 0770-8378. 2019: “Preface: The Myth of the Eternal Return”, Journal of Comparative Literature and Aesthetics, 40.2: 7-10. ISSN 0252-8169. Enlace 2020: “Mito y antropogonía en la literatura hispanoamericana: Hombres de maíz, de Miguel Ángel Asturias”, Rassegna iberistica (Venezia), 43, 113, Giugno (2020), 41-56. e-ISSN: 2037-6588. ISSN 0392-4777. Enlace 2020: “Cultural Myth Criticism and Today’s Challenges to Myth”, Explaining, Interpreting, and Theorizing Religion and Myth: Contributions in Honor of Robert A. Segal, Nickolas B. Roubekas and Thomas Ryba (eds.), Leiden, Koninklijke Brill NV, 2020, pp. 355-370. ISBN 9789004435025 Enlace 2021: “La trascendencia de la ciencia ficción”, Mito y ciencia ficción, José Manuel Losada & Antonella Lipscomb (eds.), Madrid, Grupo Editorial Sial Pigmalión, pp. 39-46. ISBN 9788418888120 2024: “The Referential Function of Myth”, Mythical Narratives in Comparative European Literature, Paris, Classiques Garnier. 2025: “Mitos femeninos en la temprana modernidad: una reflexión sobre su ausencia”, Hipogrifo, 13.2 (2025), pp. 27-37. ISSN: 2328-1308. 2025: “Mito y símbolo”, A Presença do Mito na Atualidade: Contribuições Contemporâneas, Rogério de Almeida e Alberto Filipe Araújo (coords.), FEUSP, São Paulo (SP), 2025, pp. 126-174. ISBN 978-65-87047-99-7 2025: “Correlatos del imaginario sobrenatural: mito y fantasía”, Fantasía, aventura y sociedad, José María Mesa-Villar, Mariano Urraco Solanilla, Mario Ramos Vera y Benoît Filhol (eds.), Madrid, Los Libros de la Catarata, 2025, pp. 13-28. ISBN 978-84-1067-261-1