Xan Martínez, coñecido tamén polo seu nome artístico, Xan Solo, nado no concello da Baña, é un cantautor, actor, poeta dramaturgo e docente de teatro e técnicas dramatúrxicas galego.
Traxectoria Formouse na escola de teatro Espazoaberto de Santiago de Compostela. Foi fundador da escola de teatro Sen Cancelas Teatro. Tamén da clases de interpretación e consciencia corporal para a formación de actores e actrices.
En 2007 publicou o disco Cancións informais xunto cos músicos Justo Lera e Eduardo Recarey. Formou a banda Xan solo van con Eduardo Recarey, Jacobo Prieto, Judas Diz e David Pereira, e en 2010 presentou o disco Un home, un escenario, gravado na sala Rinconete de Madrid.
Xunto con Cristina Morquillas, Justo Lera e outros músicos gravou Con carácter local. Baixo o nome de Xan Solo's (para despois cambiar a Electrolírica) uniuse coa música pianista Cristina Morquillas para crear o álbum Electrolírica en 2016.
Co debuxante, ilustrador e editor Aarón Moucho publicou o poemario As verbas do luns.
Obra Algúns dos seus proxectos son os seguintes:
Proxectos
Cancións informais.
Teatro
A caverna de silicio. Mi madre. 2010 coa compañía Sen Cancelas Teatro. Un tranvía chamado desexo. Bufóns e pallasos con Paula Carballeira.
Discografía
Cancións informais - EP Estoy cansado Un lánguido poema arde (2009). Un home, un escenario (2010). Con carácter local (2013). Electrolírica con Cristina Morquillas.
Poemarios
O tempo nun instante (2018). As verbas do luns (2024).
Notas
Categoría:Actores de Galicia Categoría:Cantautores de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes