Renée Balansá de Checa, nada en Villarrica (Paraguai) en 1896 e finada en Menton (Francia) en 1963, foi unha poetisa franco-paraguaia, pouco coñecida no seu país natal, debido a que escribiu unicamente en francés.

Traxectoria Renée Balansá foi filla dun matrimonio francés establecido na cidade paraguaia de Villarrica a fins do século XIX, Ernest Balansá e Jeanne Boissière. O seu avó por vía paterna foi o botánico francés Benedict Balansa.

Sendo aínda nena emigrou a Europa cos seus pais. Tras dúas décadas regresou a Paraguai, onde permaneceu algún tempo, adentrándose na vida do campo paraguaio para mudarse posteriormente a España, onde frecuentou o ambiente intelectual de Madrid e fixo amizade con poetas e escritores españois como Antonio Machado e Eugeni d'Ors. Casou cun cidadán francés de quen tomou o apelido. Posteriormente volveu a Francia, onde residiu ata a súa morte, ocorrida na localidade de Menton, nos Alpes Marítimos franceses.

En 1933, publicou o seu primeiro poemario, Sillages, que recibiu boa acollida pola crítica francesa, e dado a coñecer en Paraguai moitos anos despois, na década de 1950.

Obra Renée público o seu primeiro poemario, Sillages, en 1933, en Francia. En 1954, Natalicio González descubriu a súa obra e deu a coñecer o seu nome no Paraguai. Posteriormente, en 1985, Alcándara Editora publicou unha edición bilingüe (francés-castelán) dos seus poemas baixo o título de Sillages/Estelas, cun estudo preliminar, a selección e a tradución ao castelán a cargo de poetisa Josefina Plá.

Os seus poemas máis antigos remóntanse a 1922. En palabras de Josefina Plá, Renée era posuidora dun fino oído rítmico e un vocabulario manexado con sobria destreza. Destaca sobre todo os seus poemas Nocturne Paraguayen, escrito no Paraguai; Îles, escrito en Río de Xaneiro; e Ma terre Guarani. Os poemas de Sillages cobren un lapso de once anos de produción poética.

Notas

Categoría:Nados en 1896 Categoría:Nados no departamento de Guairá Categoría:Finados en 1963 Categoría:Poetas en lingua francesa