Xinyi Ye, nada en Madrid en 2001, é unha actriz española de ascendencia chinesa, coñecida polo seu papel como Claudia en Chinas, filme de Arantxa Echevarría.
Traxectoria Xinyi Ye naceu e medrou en Madrid, filla de pais chineses donos dun bazar. Durante a súa infancia e adolescencia, sufriu diversos conflitos sociais e culturais, debido á súa condición como filla de migrantes chineses. Á idade de 18 anos, independizouse e abandonou a casa dos seus pais.
Xinyi Ye interpretou o seu primeiro papel en Chinas, filme español de 2023 dirixido por Arantxa Echevarría. Foi elixida a través dun proceso de casting aberto. No fimle interpreta a Claudia, unha moza filla de inmigrantes chineses que se ve obrigada a coidar da súa irmá e colaborar no bazar dos seus pais mentres intenta encaixar na vida dos seus compañeiros de clase españois.
Trala súa primeira experiencia como actriz comezou a estudar interpretación, mais viuse obrigada a deixar de lado os seus estudos para poder seguir traballando.
En 2024 foi nomeada ao premio á mellor actriz revelaciónna XXXVIII edición dos Premios Goya. A súa compañeira de elenco, Yeju Ji, que interpreta á súa nai no filme, tamén foi nomeada na mesma categoría.
Filmografía Chinas (2023) Cicatriz (2024)
Premios e nomeamentos Medalla CEC á mellor actriz revelación: Gañadora (2023) Premio da Unión de Actores e Actrices á mellor actriz revelación: Gañadora (2023) Premio Goya á mellor actriz revelación: Nomeada (2023)
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 2001 Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Españois de ascendencia chinesa