miniatura|Pintura rupestre ao aire libre, situada no Abrigo da Deusa, en Xaén. En arqueoloxía, unha estación rupestre é un tipo de sitio ou xacemento arqueolóxico no que predominan a arte e pintura rupestres. A diferenza das covas ou grotas (gravados parietais), estes sitios localízanse ao aire libre ou en abrigos.

As estacións rupestres son o nivel intermedio estructurais entre os petróglifos, pinturas e outros elementos, isto é, as unidades básicas; e os grupos ou clústeres de estacións.

Localización, usos e significancia A arte rupestre ao aire libre ten unha serie de implicacións con respecto á arte móbil, xa que é o propio observador quen ten que se mobilizar para chegar e observar as diferentes representacións. É por iso que as estacións rupestres adoitaban situarse en lugares concorridos, coma cruces de camiños, lugares de reunión ou, en definitiva, espazos de significancia social.

Delimitación dos espazos Algúns autores defenden que as estacións rupestres estaban, á súa vez, agrupadas en niveis superiores que conformaban sistemas de estacións. Estes sistemas de estacións, localizados habitualmente na mesma unidade fisiográfica ou xeográfica, como por exemplo serras, vales ou zonas costeiras, poderían servir coma métodos de delimitación ou parcelación do territorio na Idade de Bronce. Ditas estacións evidenciasn o patrón de distribución que adoitaban seguir os habitantes de antigüidade, situados en zonas altas, outeiros e serras; con respecto á distribución da poboación posterior, en vales e chairas. Proba disto é que os gravados nos petróglifos estaban orientados cara a parte externa ou da ladeira, e polo tanto conceptualizados para seren vistos por que entra ou ascende pola serra.

Cando os sistemas de petróglifos ou outras estruturas se agrupaban en brañas, poderían ter indicado a sinalización de zonas de pasto para a gandaría.

Zonas de reunión e espiritualidade Outro uso que se cre que poderían ter as estacións rupestres son o de lugar ritual ou relixosoSANTOS ESTĖVEZ, M.; PARCERO QUBIÑA, C.Y CRIADO BOADX). F.(1998): "De la arqueología simbólica del paisaje a la arqueología de los paisajes sagrados". Trabajos de Prehistoria, 54(2): 61-80.. Nas sociedades prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter espiritual, é dicir, que ademais de servir como marca territorial, os petróglifos puideron funcionar como lugares de agregación de guerreiros e como indicadores de sitios cunha especial carga simbólica.

Moitas pinturas rupestres localizábanse en zonas rochosas ao aire libre mais protexidas do vento e demais inclemencias meteorolóxicas, no que se coñece en arqueoloxía coma abrigos.

Tipos miniatura|Labirinto rupestre feito de pedra, na illa rusa de Bolshoi Zayatsky. Pintura rupestre: pictografías ou imaxes pintados sobre as rochas ao aire libre. Petróglifos: imaxes, figuras ou representacións gravados nas rochas. Labirintos: habitualmente formados por pequenas pedras amoreadas, formando un labitinto de espiral.

Estacións rupestres en Galicia miniatura|Petóglifo con forma de labirinto en Mogor, Marín.

O conxunto de estacións rupestres galegas é unha das máis ricas e peculiares dentro do marco europeo e mesmo mundialCaamaño Gesto, José Manuel: A gran historia de Galicia. Prehistoria de Galicia. Volume 2: O Calcolítico e a Idade de Bronce. ISBN 978-84-96931-02-2.. Os petróglifos do Grupo Galaico de Arte Rupestre están realizados sobre granito, agás os máis primitivos, que están gravadas sobre lousa, e en Sarria e Samos sobre xisto. Non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días. Os petróglifos galegos presentan unha elevada erosión e, en ocasións, son difíciles de observar.

Os conxuntos de petróglifos sitúanse nas abas das serras, e en ocasións atópanse rodeando brañas e cubetas, así como nas liñas de tránsito que comunican estas zonas cos lugares onde se atopan os poboados, como demarcando un territorio. Durante a Idade de Bronce os poboados eran establecidos en zonas con fácil acceso á auga.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Petróglifos de Galicia Ligazóns externas

Páxinas sobre Arte Rupestre

Categoría:Sitios arqueolóxicos