Curt Jacob Stern (nado o 30 de agosto de 1902 – finado o 23 de outubro de 1981) foi un xenetista estadounidense nacido alemán.

Vida

Curt Jacob Stern naceu nunha familia xudea de clase media en Hamburgo, Alemaña o 30 de agosto de 1902. Foi o primeiro fillo de Earned S. Stern, nacido en 1862 en Inglaterra, que foi prisioneiro durante a primeira guerra mundial e dedicábase ao comercio con antigüidades e subministración dental,A Guide to the Genetics Collections at the APS.http://www.amphilsoc.org/guides/glass/stern.htm access date 1-3-2014 e de Anna Stern, nada Anna Liebrech en 1873, que era mestra de escola. Seu avó materno C. Liebrecht era mestre no Israelitische Gemeindeschule Gleiwitz, un "Gymnasium" (instituto) na Silesia Superior, cun doutoramento en matemáticas e ciencias naturais da Universidade de Breslau.Allgemeine Zeitschrift des Judenthums. Ein unparteiisches Organ fuer alles juedische Interesse. Volume 22, No 7. Decembro de 1857. Páxina 92. Consultado en Google books o 1-3-2014 A familia trasladouse a un suburbio de Berlín pouco despois do seu nacemento. De neno, mostrou grande interese pola bioloxía e a historia natural. Estudou na "Hindenburgschule" en Berlin-Oberschoeneweide.Hagemann R: "Curt Stern 1902-1981. Drospophilagenetiker und Humangenetiker in Deutschland und den USA". Annals of History of Biology; 2006, Vol 11, 31-46. Co apoio de dous profesores do instituto e dos seus pais, decidiu estudar zooloxía. Matriculouse na Universidade de Berlín en 1920 á idade de 18 anos.

Stern realizou os seus estudos de doutoramento no Instituto Kaiser Wilhelm, que estaba a unha hora ou dúas de viaxe desde a súa casa. Escolleu o laboratorio de Max Hartmann, un protozoólogo, para estudar a reprodución dun protozoo da orde Heliozoa. En 1923, só 3 anos despois, obtivo o seu doutoramento pola descrición da mitose dese organismo, e naquel momento foi a persoa máis nova que recibira un doutoramento na Universidade. "Conseguir o seu grao tan cedo nesas circunstancias, era un claro sinal da salientable combinación da súa alta capacidade intelectual, memoria fotográfica, e resistencia que ía caracterizar a súa carreira."Neel JV. "Curt Stern: August 30, 1902-October 23", 1981. Biogr Mem Natl Acad Sci. 1986; 56:443-73.

Stern lera e criticara un artigo sobre as bases do sobrecruzamento de Richard Goldschmidt, o director de 45 anos do Instituto de Bioloxía Kaiser Wilhelm. Seis meses despois Goldschmidt devolveu a crítica a Stern sen comentario, chamándoo á súa oficina e ofrecéndolle unha bolsa posgrao financiada pola Universidade Rockefeller na Universidade Columbia, Nova York para estudar xenética no laboratorio de Thomas Hunt Morgan, o famoso "cuarto das moscas", así chamado polos experimentos que alí se facían coa mosca do vinagre Drosophila.

Stern viviu na cidade de Nova York de 1924 a 1926. O seu primeiro atigo escrito en inglés de 1926 publicouse no prestixioso Proceedings of the National Academy of Sciences."An effect of temperature and age on crossing-over in the first chromosome of Drosophila melanogaster". Proc. Natl. Acad. Sci. 1926, 12:530-32. Despois desta bolsa, Stern volveu á súa alma mater, a Universidade de Berlin, onde permaneceu seis produtivos anos desde 1926 a 1932 como investigador ata que chegou a ser profesor en 1928. Alí, escribiu os seus primeiros 5 libros (Multiple Allelie, Handbuch der Vererbungswissenschaften, I. 147 pp. Berlin: Gebr. Borntraeger, 1930. e Faktorenkoppelung und Faktorenaustausch, 1933) e 35 artigos. A maioría dos artigos eran sobre a xenética de Drosophila, pero dous deles tocaban áreas que el retomaría moito máis tarde: un artigo de 1928 trataba sobre xenética humana,Stern C. Welche Moeglichkeiten bieten die Ergebnisse der experimentellen Vererbungslehre dafuer, dass durch verschiedene Symptome charakterisierte Nervenkrankheiten auf gleicher erblicher Grundlage beruhen? Nervenarzt, 1928. 2:257-62. e outro de 1929 dos efectos mutaxénicos da radiación.Stern C. Erzeugung von Mutationen durch Roentgenstrahlen. Nat. Mus.1929:577-83.

O 29 de outubro de 1931, Curt Stern casou con Evelyn Sommerfield, unha cidadá americana que coñecera en 1925 na Universidade Columbia. En 1932 tornou aos Estados Unidos cunha bolsa dun ano da Fundación Rockefeller, que pasou no Instituto de Tecnoloxía de California. Estivo en compañía de xenetistas como Thomas Morgan, Alfred Henry Sturtevant, Theodosius Dobzhansky, Calvin Bridges, Rollins Adams Emerson, C.D. Darlington, Berwind P. Kaufmann, o xenetista de Drosophila Jack Schultz e o xenetista de lévedos Carl C. Lindegren. O ano 1933 foi o ano da súa última publicación en alemán nos 22 anos seguintes, o ano en que Adolf Hitler chegou ao poder e Curt e Evelyn tomaron a decisión de ir vivir aos Estados Unidos. Evelyn volveu a Alemaña para investigar en persoa se era seguro para o seu marido tornar a Alemaña, seguindo os consellos dos seus colegas académicos. A súa decisión foi determinada pola posta en vigor por Hitler do parágrafo ario en abril de 1933 limitando o servizo público aos arios.

Despois de ter un posto temporal na Universidade de Case Western Reserve en 1933, aceptou un posto de asociado de investigación na Universidade de Rochester ese mesmo ano, a onde se trasladou coa categoría de profesor asistente en 1937, e despois de profesor asociado desde 1937 a 1941. Fíxose cidadán estadounidense en 1939. Curt e Evelyn tiveron tres fillas: Hildegard (1935), Holly Elizabeth (1938), e Barbara Ellen. Stern trouxo os seus pais a vivir coa súa familia nunha zona que se convertería nun suburbio de Rochester, Brighton, Condado de Monroe, Nova York.1940 census per http://www.archives.com/1940-census/barned-stern-ny-62836509 accessdate 1-2-14 En 1941 Stern xa era profesor titular. De 1941 a 1947 foi o catedrático do Departamento de Zooloxía e da División de Ciencias Biolóxicas.

Despois de 11 anos no estado de Nova York, marchou a Berkeley en 1947 con 45 anos para seguir os pasos do seu mentor Richard Golschmidt na Universidade de California en Berkeley, onde tivo numerosos estudantes de doutoramento ata que se xubilou en 1970.

Foi elixido membro da Sociedade Filosófica Americana en 1954.

Diagnosticáronlle a enfermidade de Parkinson en 1970. A súa última comparecencia pública foi en 1973. En catro anos as súas capacidades intelectuais declinaran tanto que xa non falaría en público nunca máis. Morreu de complicación do párkinson, concretamente insuficiencia cardíaca o 23 de outubro de 1981, en Sacramento, California aos 79 anos de idade.

Carreira

En 1931 Stern foi o primeiro que demostrou o sobrecruzamento de cromosomas homólogos en Drosophila melanogaster, só unhas semanas despois de que Barbara McClintock e Harriet Creighton fixeran o mesmo no millo.

En 1936 demostrou que a recombinación pode tamén producirse na mitose orixinando mosaicos somáticos, organismos que conteñen dous ou máis tipos xenéticos de tecidos. Posteriormente, demostrou que no cromosoma Y de Drosophila había moitos xenes, e describiu o mecanismo chamado compensación de dose.

Despois do comezo da segunda guerra mundial, Stern dedicouse completamente á xenética humana, supervisando o seu primeiro seminario de estudantes graduados en 1939.Neel JV. Curt Stern: August 30, 1902-October 23, 1981. Biogr Mem Natl Acad Sci. 1986;56:443-73. O seminario de Stern foi unha resposta á idea euxenética da hixiene racial, tan de moda en Europe e os Estados Unidos daquela, a cal fora o que fixera imposible que el puidese continuar vivindo en Alemaña.

Durante a segunda guerra mundial realizou experimentos para o goberno norteamericano sobre a seguridade da radiación a baixa dose, fundamentados en traballos que iniciara en Berlín. O seu grupo de laboratorio concluíu que non hai un limiar "seguro" por debaixo do cal a radiación non sexa nociva.

Refundación da xenética humana Despois da guerra as súas investigacións centráronse en xenética humana, sendo pioneiro no que hoxe se coñece como regulación xénica. Aínda que non era médico, implicouse en traballos clínicos sobre xenética humana. En 1943 empezou a impartir un curso en xenética humana a estudantes de medicina na Universidade de Rochester. A primeira edición do texto pioneiro de Stern The Principles of Human Genetics publicouse en 1949, do cal dixo nun esbozo autobiográfico de 1974 que escribiu para satisfacer as necesidades dos estudantes premédicos. Tanto as súas ensinanzas coma o seu libro de texto foron decisivos para a refundación da xenética humana sobre bases non racistas, en aberto contraste coa Alemaña de preguerra e as tradicións norteamericanas sobre o asunto. Stern foi un dos signatarios da declaración de 1950 da UNESCO The Race Question, unha declaración de científicos destacados en moitos campos, que cuestionaron a validez e os fundamentos científicos das teorías raciais e a euxénese.

Stern esforzouse en traducir o seu libro de xenética humana ao alemán, o cal foi a súa primeira publicación na lingua da súa nai despois dun período de 22 anos de silencio, que se publicou en 1955.Stren C. Grundlagen der menschlichen Erblehre. Goettingen: Muster-Schmidt Verlag. 1955. 560 pp. Soamente publicou dous artigos máis en revistas en lingua alemá, ademais de centos deles en inglés.Stern C. Wilhelm Weinberg zur hundert jahrigen Wiederkehr seines Geburtsjahres. Z. Konstit-Lehre, 1962 36:374-82. Non obstante, debeu de seguir lendo libros de ciencia en alemán, xa que fixo revisións deles para a revista Science por exemplo.Stern C. Review of Die philosophischen Grundlagen der Naturwissenschaften, by M. Hartman. Science, 133:697.

Conmemoración O Premio Curt Stern, establecido pola Sociedade Americana de Xenética humana en 2001, recoñece un científico que fixese grandes achegas científicas no campo da xenética humana durante os 10 anos anteriores.

Lista de obras Stern C. "Die genetische Analyse der Chromosomen". Naturwissenschaften, 1927, 15:465-73. Stern C. "Der Einfluss der Temperatur auf die Ausbildung einer Fluegelmutation bei Drosophila melanogaster". Biol. Zentralbl., 1927, 47:361—69. Stern C. Ueber Chromosomenelimination bei der Taufliege. Naturwissenschaften, 1927, 15:740-46. Stern C. Ein genetischer und zytologischer Beweis fuer Vererbung im Y-chromosom von Drosophila melanogaster. Z. Indukt. Abstamm. Vererbungsl., 1927, 44:187-231. Stern C. Experimentelle Erzeugung von Mutationen. Naturwissenschaften, 1927, 15:528. Stern C. Fortschritte der Chromosomentheorie der Vererbung. Ergeb. Biol., 1928. 4:205-359. Stern C. Elimination von Autosomenteilen bei Drosophila melanogaster. Z. Indukt. Abstamm. Vererbungsl., 1928 Suppl. 11:1403-4. Stern C. Allgemeine Genetik. Zuechtungskunde., 3:1—7. Stern C. Ueber Vererbung. Allg. Dtsch. Hebammenz, 44.1928. Stern C. Die Physiologie des Generationswechsels. Naturforscher, 1928. 5:497-508. Stern C. Welche Moeglichkeiten bieten die Ergebnisse der experimentellen Vererbungslehre dafuer, dass durch verschiedene Symptome charakterisierte Nervenkrankheiten auf gleicher erblicher Grundlage beruhen? Nervenarzt, 1928. 2:257-62. Stern C. Ueber die additive Wirkung multiplier Allele. Biol. Zentralbl., 1929. 49:261-90. Stern C. Ueber Letalfaktoren und ihre Bedeutung fur die Haustierzucht. Zuechter, 1929, 1:264-70. Stern C. Ueber Reduktionstypen der Heterochromosomen von Drosophila melanogaster. Biol. Zentralbl., 1929. 49:718-35. Stern C. Untersuchungen uber Aberrationen des Y-Chromosoms von Drosophila melanogaster. Z. Indukt. Abstamm. Vererbungsl., 1929. 51:253—353. Stern C. Die Bedeutung von Drosophila melanogaster fur die genetische Forschung. Zuechter, 1929.1:237-43. Stern C. Kleinere Beitraege zur Genetik von Drosophila melanogaster. I. Ein Hemmungsfakator der Purpuraugenfarbe. Z. Indukt. Abstamm. Vererbungsl., 1929. 52:373-89. Stern C. Erzeugung von Mutationen durch Roentgenstrahlen. Nat. Mus.1929:577-83. Stern C. Die Mutationsrate bei Drosophila und ihre Abhaengigkeit von der Aussentemperatur. Naturwissenschaften, 1929. 17:155-56.