Emilio Eyré Lamas, nado en Abral (O Mato, Chantada) o 27 de xuño de 1905 e finado no mesmo lugar o 5 de xullo de 2002, foi un relixioso galego.
Traxectoria
Rematou os estudos eclesiásticos logo dunha prórroga e oficiou a súa primeira misa en 1929. O 14 de febreiro de 1937 participou nunha homenaxe no santuario da Virxe da Barca. Nese mesmo ano marchou á Arxentina e formou parte da comisión organizadora do periódico Fe Galega. En xuño de 1938 regresou a Vigo no marco do Cruceiro Azul ou peregrinación de Buenos Aires, nunha xeira por Santiago de Compostela, A Coruña, e outras cidades de España, que rematou na capela do Santo Cristo de Ourense o 27 de maio de 1939.
En 1944 promoveu a construción do santuario da Nosa Señora de Fátima de Chantada, no castro de Centulle (San Xurxo de Asma). Recoñecementos
Orde de Isabel a Católica (1940)
Notas
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes