As liñas descontinuas é un filme galego de 2025 dirixido por Anxos Fazáns e coescrito por Fazáns e Ian de la Rosa. É unha produción de Sétima e Sideral coa participación da Televisión de Galicia. Está protagonizado por Mara Sánchez, Adam Prieto e Ana Fornéas. Estreouse internacionalmente o 14 de novembro de 2025 no Festival de Cinema Noites Negras de Talín, en Estonia, e nos cinemas galegos o 20 de febreiro de 2026.
Sinopse Bea é unha muller de 50 anos que se separa do seu marido. O día que ten que deixar a casa na que viviu durante os últimos vinte anos, chega a casa e atopa todo patas arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un rapaz trans de 28 anos que, malia estudar unha carreira, loita contra a precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un debe seguir o seu camiño.
Personaxes Mara Sánchez como Bea Adam Prieto como Denís Machi Salgado como Poli Alberto Rolán Ana Fórneas Mónica García como Sole
Galardóns No Festival Internacional de Cinema de Xixón de 2025 gañou os premios RAMBAL da Asociación XEGA e o Premio DAMA ao mellor guión de filme español.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Anxos Fazáns Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Galicia