Celso Rivas Pérez, nado en Vigo a mediados do século XX, é un enfermeiroCelso Rivas posuía o título de ATS (asistente técnico sanitario), termo actualmente obsoleto que se empregaba até 1977 para persoal de enfermaría, matronas e practicantes. e dirixente veciñal galego. Foi un dos reponsábeis do desenvolvemento da parroquia de Beade, onde desempeñou a meirande parte da súa actividade veciñal, e un dos impulsores da Asociación de Produtores de Cereixa de Galicia (APROCEGA) e da festa da Cereixa de Beade.

Traxectoria miniatura|O Parque Forestal de Beade foi unha das actuacións de desenvolvemento na parroquia viguesa baixo o mando do político asociacionista Celso Rivas. Decoñécese a súa data de nacemento, aínda que probablemente nacese a mediados do século XX en Vigo, entre Castreliños e As Travesas. En 1981 estableceuse en Beade, onde comezou a desenvolver a súa actividade veciñal. En 1982 pasou a presidir a asociación de veciños e o Centro Social, Cultural e Recreativo, cuxo mandato se estendeu até 1990. Rivas foi un dos impulsores do desenvolvemento de finais de século da parroquia. Durante o seu mandato, a parroquia foi dotada dun instituto de educación secundaria, un centro de saúde ou o parque forestal de Beade.

Rivas foi tamén un dos impulsores da industria frutícula viguesa. Foi quen de recuperar a produción de cereixa que tradicionalmente se desenvolvera na parroquia viguesa. Puso en marcha a festa da Cereixa, e en 1991 participou na andaina da Asociación de Produtores de Cereixa de Galicia (APROCEGA). Vida persoal

Celso Rivas foi o pai do ex concelleiro de Urbanismo do Concello de Vigo, Xabier Rivas Barros.

Distincións

En 1994 foi nomeado Vigués distinguido..

En 2011, a proposta do Bloque Nacionalista Galego, adicóuselle unha rúa de Vigo próxima aos estaleiros de Barreras, lugar onde traballou como sanitario durante varios anos.Pleno do Concello de Vigo do 28 de febreiro de 2011. parte resolutiva, punto 3.6: Denominación vial público co nome de “Celso Rivas Pérez (ATS e dirixente veciñal)”. Expte. 12859/331 (142/1101). Trátase dunha pequena rúa sen saída, perpendicular á rúa de Tomás Alonso duns 70 metros de lonxitude. A rúa comezou a edificarse en 1940 e foi rematada en 1966.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Javier Rivas Barros Vigués distinguido Hijos de J. Barreras Parque forestal de Beade

Categoría:Vigueses distinguidos Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Enfermeiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes