Katixa Agirre Miguélez, nada en Vitoria, País Vasco, o 27 de outubro de 1981, é unha escritora española en lingua éuscara e castelá.

Traxectoria Agirre é doutora en comunicación audiovisual e compatibilizou o seu traballo académico co literario. Publicou o seu primeiro traballo, a colección de contos Sua falta zaigu en 2007, e alcanzou o éxito en 2018 con Amek ez dute, traducido ao castelán como Las madres no. Esta novela foi ademais levada ao cinema en 2024 pola cineasta Mar Coll co título Salve María.

Obras Narrativa Janire (Elkar, 2009). Amaia Lapitz eta erregina gorriaren hilobia (Elkar, 2010). Amaia Lapitz eta Kartagoko ermandade sekretua (Elkar, 2013). Amaia Lapitz eta Marioren proiektua (Elkar, 2015). Atertu arte itxaron (Elkar, 2015). Los turistas desganados (Pre-textos, 2017). Las madres no (Editorial Tránsito, 2019).

Literatura infantil Paularen seigarren atzamarra (Elkar, 2007). Ez naiz sirena bat, eta zer? (Elkar, 2009). Patzikuren problemak (Elkar, 2010).

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Nados en 1981 Categoría:Escritores do País Vasco