miniatura|As gándaras de Budiño, zona de especial conservación. En xeografía, unha gándara ou grandaA Real Academia Galega acepta a forma granda, mais recomeda a priorización da forma gándara. é un terreo húmido e anegado, formado como resultado da colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. Unha gándara é o estadio intermedio dinámico entre unha lagoa e unha braña.

Etimoloxía A voz gándara, así como os seus usos coloquiais non estandarizados granda e gandra, ten unha orixe probablemente prerromana. Algúns autores sinalan que podería derivar do termo irlandés ganudaras, unha fusión das voces gan, que significa negación ou ausencia; e údarás, que significa "autoridade" ou "xurisdición". Isto é, o termo gándara, en consonancia coa súa natureza baldía e erma, así coma húmida e pouco dada á agricultura, utilizaríase para denominar este tipo de terreos sen dono.

Outros autores consideran que gándara provén da voz prerromana alpina ganda, que significa pedregal ou terreo areoso.

Toponimia O hidrónimo gándara é amplamente empregado na toponimia galega.

Características As gándaras son formacións de terreo secundarias á colmatación de cursos fluviais ou doutra natureza hídrica. Así, este tipo de terreos adoitan estar permanentemente asolagados. O solo é normalmente impermeábel, e caracteristicamente formado por arxilas e materiais areosos, o que conforma un substrato ideal para a proliferación de vexetación baixa, principalmente arbustos coma os breixos. Este ecosistema de augas permanentes, ademais, ten un compoñente estacional claro, xa que no inverno as crecidas dos ríos fan que o terreo anegado sexa moito maior.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gándaras de Budiño Braña Zona húmida Lagoa

Ligazóns externas Zonas húmidas de Galicia]

Categoría:Ecosistemas Categoría:Hidroloxía